El Correo, anteriormente coñecido como El Correo Español-El Pueblo Vasco, é un xornal matutino diario de pago español con sede en Bilbao, pertencente ao Grupo Vocento. Consta de dez edicións rexionais, seis delas na provincia de Biscaia: Biscaia, Marxe Esquerda, Marxe Dereita, Duranguesado, Costa, Nervión-Ibaizábal, Álava, Miranda de Ebro, Guipúscoa e A Rioxa.[2] Edítase principalmente en idioma español, aínda que inclúe artigos e suplementos en éuscaro.

El Correo
Fundación13 de abril de 1938
Empresa editoraEl Correo S. A.
PropietarioVocento
DirectorJosé Miguel Santamaría
TendenciaConservadorismo, Nacionalismo español, Catolicismo, Dereita
LinguaCastelán e éuscaro
Ámbitorexional
Periodicidadediaria
Prezo1,40€ (2020)
Tiraxe77.751 (2017) [1]
Na rede
www.elcorreo.com
editar datos en Wikidata ]

O primeiro número do xornal, baixo o título El Correo Español-El Pueblo Vasco, apareceu o 13 de abril de 1938, como fusión de dúas publicacións previas: El Pueblo Vasco, fundada o 1 de maio de 1910 polos irmáns Gabriel e Emilio Ybarra de la Revilla, e El Correo Español diario da Falanxe Española Tradicionalista e das JONS".[3]

Dende a década de 1970, El Correo foi obxectivo das accións de ETA, sufrindo atentados contra as súas instalacións en varias ocasións, incluído o asasinato do seu directivo Javier de Ybarra y Bergé en 1977.[4][5]

Trátase do xornal máis lido de Biscaia e Álava, superando o 60% de cota de mercado en 2007.[2] Segundo datos da Oficina de Xustificación da Difusión, conta cunha tirada media de 137.725 exemplares diarios.[6] Doutra banda, é o sétimo periódico de pago de información xeral máis lido de España, con 520.000 lectores ao día.[7]

Traxectoria

editar

Antecedentes

editar

El Pueblo Vasco foi creado co obxectivo de apoiar ao novo Partido Conservador de Antonio Maura en Biscaia; autodefiníase ideoloxicamente como de inspiración cristiá, español, partidario da autonomía vasca, defensor da libre empresa e monárquico afonsino.[8] Para iso, asócianse co editor do xornal do mesmo nome en San Sebastián, Rafael Picavea. O seu primeiro director foi Juan de la Cruz Elizondo, e a súa primeira sede estivo na praza circular de Bilbao, trasladándose en marzo de 1912 á rúa Ledesma. Pronto se viu enfrontado co seu gran opoñente, La Gaceta del Norte.

O 14 de xuño de 1911, cando o diario leva trece meses na rúa, constitúese a "Sociedade Civil El Pueblo Vasco de Bilbao", que vai durar vinte e oito anos, até a súa disolución en agosto de 1939. Outorgan a escritura Gabriel e Emilio de Ybarra Revilla, Rafael Picavea, Luciano Zubiría Urízar, J. J. Zayas e J. L. Goyoaga. Non figura Fernando de Ybarra para non restar independencia ao novo diario, pois é xefe do Partido Conservador. O primeiro Consello de Administración da Sociedade quedou constituído deste xeito: presidente, Rafael Picavea; vicepresidente, Gabriel de Ybarra; vogais, Emilio de Ybarra, Luciano Zubiría, J. J. Zayas e J. L. Goyoaga.

Nesta época colaboraban co periódico escritores da xeración do 98 como Azorín, Valle-Inclán ou Pío Baroja, así como Julio Camba, José María Salaverría, Concha Espina ou Pedro Mourlane Michelena.

O 17 de xullo de 1936 o xornal é intervido polo goberno republicano, tras meses de censura, non volvéndose a publicar até o ano seguinte.

Ao dezasete días de tomar Bilbao o exército franquista, o 6 de xullo de 1937 comeza a publicarse o primeiro número de El Correo Español diario da Falanxe Española Tradicionalista e das JONS órgano da Falanxe Española Tradicionalista e das JONS, desde os talleres incautados polo franquismo ao diario Euskadi. Ese mesmo día sae, de novo, El Pueblo Vasco ao mercado.

Fusión de El Pueblo Vasco y El Correo Español

editar

O 13 de abril de 1938, El Pueblo Vasco e El Correo Español, son obrigados a se fusionaren polo goberno franquista, publicándose desde entón como El Correo Español-El Pueblo Vasco, baixo o control da Falanxe, que designa como director a Santiago Nadal. A sociedade resultante é a Sociedade Anónima El Pueblo Vasco. Durante esa época denominouse Diario da Falanxe Española Tradicionalista e das JONS.

El Pueblo Vasco e El Correo Español dispuxo dende esta época da rotativa "Goss" doada anos antes ao diario Euskadi polo magnate norteamericano William Randolph Hearst.[9] O Goberno Vasco da época non destruíu a rotativa e, esta, foi incautada polo goberno franquista e entregada ao novo proxecto.

En 1939, Joaquín de Zuazagoitia, até entón articulista de El Diario Vasco, pasa a ser o director até o seu abandono —en 1942— ao converterse en alcalde de Bilbao.

Bilbao Editorial (1945-1976)

editar

En 1945, únense á sociedade editora as familias Echevarría e Bergareche, editores do desaparecido El Noticiero Bilbaíno. En 1947, adquiren a maior parte do guipuscoano El Diario Vasco, recuperan a parte apropiada polos falanxistas, e convértense en Bilbao Editorial.

En 1951, Alejandro Echevarría substitúe a Ramón Sierra como director, até 1966. En 1955, o diario pasa a se-lo organizador da Volta Ciclista a España.

En marzo de 1965, sendo vicepresidente Luís Bergareche, o xornal trasládase á rúa Pintor Losada, no barrio de Bolueta, abandonando o formato "saba" polo tabloide, incrementando así o número de páxinas.

Dende 1976

editar

En 1976, consegue supera en vendas ao seu rival histórico, La Gaceta del Norte, converténdose no xornal máis vendido do norte de España. Nesta época aparece por primeira vez a tira de Don Celes, de Luis del Olmo (non confundir co xornalista radiofónico do mesmo nome), que se mantén até hoxe. Tamén por esa época, ETA secuestra e mata ao entón presidente do xornal, Javier de Ybarra y Bergé.

Nos anos 80 sácase unha edición específica para a marxe esquerda da ría do Nervión, e empeza a saír tamén os luns.

En 1984, a empresa empeza a súa expansión fóra do País Vasco coa compra do cántabro El Diario Montañés, expansión que continuaría posteriormente até a formación do actual Grupo Vocento (anteriormente Grupo Correo Prensa Española).

Tras anos sendo chamado comunmente así e para tentar facer esquecer o seu pasado franquista, o xornal é finalmente rebautizado como El Correo. Neste novo período foron directores:

  • Antonio Barrena, até a súa xubilación en 1990.
  • Antonio Guerreiro, dende 1990 até 1993.
  • José Antonio Zarzalejos, dende 1993 até principios de 1998, cando se converte no director editorial do Grupo Correo.
  • Ángel Arnedo, dende o 16 de xaneiro de 1998 até 2007.
  • Juan Carlos Martínez, dende 2007.

Edicións

editar

O xornal ten diferentes edicións, dez en concreto, que cobren a información dun modo máis local. Seis edicións cobren a provincia de Biscaia e outras catro cobren Álava, A Rioxa, Guipúscoa e Miranda de Ebro.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "El Correo". vocento.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2011. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  3. "Ha merecido la pena". elcorreodigital.com. 2 de febreiro de 2009. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  4. Europa Press (8 de xuño de 2008). "El Correo dice a ETA que "no les silenciarán" y que trabajará por seguir informando y plantar cara al terror"". europapress.es (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  5. Guadilla, D. (9 de xuño de 2008). "Objetivo permanente de los terroristas". elcorreodigital.com (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2009. 
  6. "Diarios. Medios impresos". ojd.es. 06-2008. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2008. Consultado o 2 de febrero de 2009. 
  7. "Resumen general" (PDF). egm.es. 2008. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xaneiro de 2009. Consultado o 2 de febrero de 2009. 
  8. Checa Godoy (1989), p. 307
  9. "Una "Joya Industrial" abandonada.". El Correo. 6 de junio de 2010. Consultado o 2 de febrero de 2009. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Checa Godoy, Antonio (1989). Prensa y partidos políticos durante la II República (en castelán). Salamanca: Universidad de Salamanca. ISBN 84-7481-521-5. 

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar