Miranda de Ebro

concello castelán da provincia de Burgos

Miranda de Ebro é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). É a capital da comarca do Ebro. Sitúase no nordeste da provincia, moi próxima ás lindes con Álava e A Rioxa. Ten unha extensión de 101,39 km² e unha poboación de 37.648 habitantes (INE 2013).

Miranda de Ebro
Bandera de Miranda de Ebro.svg
Coat of Arms of Miranda de Ebro.svg
Puente Carlos III Miranda.JPG
Localización
Municipio Miranda de Ebro (España).png
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaCastela e León
ProvinciaBurgos
ComarcaEbro
Xeografía
Altitude471 msnm
Superficie101,39 km²
Demografía
Poboación37.648 hab. (2013)
Densidade371,31 hab./km²
Xentiliciomirandés/esa
Outros datos
Código postal09200
AlcaldeFernando Campo Crespo (PSOE)
www.mirandadeebro.es

É a segunda localidade máis poboada da provincia tras a capital. Goza de notábel carácter industrial, sendo un importante nó de comunicacións, especialmente ferroviario. Nun raio de tan só 80 km de Miranda atopamos as cidades de Bilbao, Burgos, Logroño e Vitoria.

Miranda e o río Ebro

XeografíaEditar

Miranda de Ebro está situada na submeseta castelá norte, a 471 m de altitude sobre o nivel do mar, e nas coordenadas seguintes: 42º 41' 6" N, e 2º 55' 60" W. A chaira onde se asenta a cidade está cercada por unha serie de alturas que pertencen aos Montes Obarenes, con saída no Oeste a través do Paso de Pancorbo; o paso de Conchas de Haro ao Sueste en dirección á Rioxa; e o desfiladeiro de La Puebla de Arganzón no Nordeste en dirección ao País Vasco.

EconomíaEditar

Miranda destaca polo seu sector secundario. A revolución industrial comezou a súa expansión coa chegada do ferrocarril en 1862. Durante a primeira metade do século XX asentáronse na cidade unha industria azucreira (1925) e anos máis tarde FEFASA (1948), dedicada a produción de fibra artificial, e posteriormente a papeleira ENCE. A mediados do século proliferaron as industrias químicas como Montefibre, ELF-Atochen, Rests etc.

En 1981 creouse o parque industrial. Na zona de influencia mirandesa instaláronse compañías agro-alimentarias, aeronáuticas, metalúrxicas etc. Tamén industrias da enerxía como a central nuclear de Santa María de Garoña, pechada en 2012.

Lugares de intereseEditar

Edificacións civísEditar

 
Ponte Carlos III sobre o río Ebro
  • Ponte Carlos III: construída en 1777 baixo a dirección de Francisco Alejo de Aranguren. Dous leóns gardan a ponte desde 1786, obra do escultor alavés Juan Antonio de Moraza; un suxeita o escudo real e outro o da cidade.
  • Pazo do Concello: o edificio actual érguese na Praza de España desde 1778. É obra neoclásica de Francisco Alejo de Aranguren, so revisión de Ventura Rodríguez.
  • Casas nobres: Varios pazos urbanos salientan na zona antiga de Miranda. Destacan a Casa de las Cadenas, construída no século XVI. Nela hospedáronse Napoleón e Fernando VII, que en 1828 mandou colocar unhas cadeas como lembranza da súa estadía. Outro edificio destacado é a Casa dos Urbina, tamén do século XVI, cos seus cubos defensivos. Albergou a Filipe IV, de paso para Francia, e Margarida de Savoia, vicerraíña de Portugal, que faleceu en 1655 neste edificio.
  • Estación de Ferrocarril: construída no 1862 polo arquitecto inglés Charles Vignoles, sendo unha das estacións máis antigas do Norte de España. Nela conflúen as liñas Madrid-Irún e Castejón-Bilbao.
  • Teatro Apolo: singular edificio construído en 1920 polo arquitecto rioxano Fermín Álamo. Destaca a decoración historicista como mostran bustos erixidos nas xanelas e a ornamentación vexetal.
  • Ruínas do castelo: foi construído no século XIV polo conde Tello e tivo uso ata as guerras carlistas, aínda que hoxe tan só se conservan algunhas murallas.
  • A Picota: esculpido en 1569 polo mestre local maese Miguel de Aguirre, trátase do "pelouriño" da antiga vila, símbolo do seu poder xudiciario e que tamén se podía utilizar como picota.

Edificacións relixiosasEditar

 
Igrexa do Espírito Santo de Miranda
  • Igrexa do Espírito Santo: antes coñecida como de San Nicolás. É en orixe un templo de estilo románico, xa mencionado no Foral de Miranda de 1099. A portada e a ábsida son do século XIII e a súa pequena nave gótica do século XVI. Durante a guerra civil sufriu importantes danos, pasando a denominarse do Espírito Santo logo da súa restauración.
  • Igrexa de Santa María: construída no XV, con estilo entre renacentista e gótico tardío. No seu interior descansa o corpo momificado do Chantre.
  • Igrexa dos Sagrados Corazóns: sita no antigo Convento de San Francisco, o templo foi construído no século XVI. Destaca a súa espectacular espadana de estilo barroco, erguida en 1693.

DeporteEditar

O Club Deportivo Mirandés é un club de fútbol con sede na cidade de Miranda de Ebro. Foi fundado o 3 de maio de 1927 e desde 2012 compite na Segunda División. O club exerce de local no Estadio Municipal de Anduva, que conta cunha capacidade aproximada de 6.000 espectadores.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar