El Pueblo Vasco
El Pueblo Vasco foi un xornal español editado en Bilbao entre 1910 e 1938.
El Pueblo Vasco Diario independiente | |
---|---|
Fundación | 1 de maio de 1910 |
Remata | 12 de abril de 1938 |
Director | Juan de la Cruz Elizondo |
Tendencia | Conservadorismo, Maurismo |
Lingua | Castelán |
Localidade | Bilbao |
Ámbito | provincial |
Periodicidade | diaria |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
editarTiña unha periodicidade diaria e estaba editado en castelán na cidade biscaíña de Bilbao e o seu primeiro número datouse o 1 de maio de 1910.[1]
Nos seus inicios foi unha publicación de ideoloxía monárquica e tendencia maurista.[2] O xornalista guipuscoano Juan de la Cruz Elizondo foi o seu primeiro director, cargo que exerceu durante vinte e oito anos —entre 1910 e 1938—.[3][4] O xornal, de ideoloxía conservadora, apoiou o golpe de estado de xullo de 1936 e tralo estalido da Guerra civil deixou de se publicar, aínda que reapareceu en 1937 trala entrada das tropas franquistas na cidade.[5]
Cesou de se editar definitivamente o 12 de abril de 1938 cando se fusiona con El Correo Español para dar lugar á cabeceira conxunta El Correo Español-El Pueblo Vasco.[1]
En San Sebastián, editouse tamén unha publicación coa mesma cabeceira: El Pueblo Español.
Notas
editar- ↑ Saltar a: 1,0 1,1 Saiz Valdivielso (2010), p. 39.
- ↑ Checa Godoy (1989), p. 307.
- ↑ Gómez Aparicio (1981), p. 87.
- ↑ Alzugaray (1999), p. 86.
- ↑ Díaz Noci (2014).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Alzugaray, Juan José (1999). Vascos relevantes del siglo XX (en castelán). Madrid: Ediciones Encuentro.
- Checa Godoy, Antonio (1989). Prensa y partidos políticos durante la II República (en castelán). Salamanca: Universidad de Salamanca. ISBN 84-7481-521-5.
- Díaz Noci, Javier (2014). "El Pueblo Vasco". bilbaopedia.info (en castelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2021.
- Gómez Aparicio, Pedro (1981). Historia del periodismo español (en castelán) IV. Madrid: Editora Nacional.
- Saiz Valdivielso, Alfonso Carlos (xuño de 2010). "El Bilbao que, hace un siglo, vio nacer a ‘El Pueblo Vasco" (PDF): 39.