Vocento

grupo de comunicación español

Vocento é un grupo de comunicación de información xeral en España, con máis dun século de historia e formado por máis de 100 empresas. Xurdiu en setembro de 2001 da fusión entre o Grupo Correo e Prensa Española.

Historia editar

A orixe do Grupo Correo data de 1875 co nacemento de "El Noticiero bilbaíno" e a posterior aparición en 1910 de "El Pueblo Vasco", pero é en 1938 cando nace "El Correo Español-El Pueblo Vasco", principal referente do grupo. Por outra parte, a tradición de Prensa Española remóntase ao ano 1891, data na que aparece a revista Blanco y Negro, aínda que é en 1903 cando sae o principal diario da editora, o ABC.

Medios impresos editar

Vocento conta con 14 periódicos: ABC e o diario gratuíto Qué!, como diarios nacionais, e 12 rexionais El Correo, El Diario Vasco, El Diario Montañés, La Verdad, Diario Ideal, Diario Hoy, Diario Sur, Diario La Rioja, El Norte de Castilla, El Comercio, Las Provincias e La Voz de Cádiz. Isto convérteo nun dos primeiros grupos de prensa escrita de España, con máis de tres millóns de lectores diarios e unha difusión de 800.000 exemplares en 2006.

A coordinación entre o periódico e a súa edición dixital, a radio, a televisión local e unha comercializadora publicitaria, conforma a estratexia multimedia rexional clave no desenvolvemento do grupo. A través das produtoras Grupo Europroducciones, BocaBoca ou Videomedia, Vocento está tamén presente na produción dalgúns dos programas máis populares da televisión española como Hospital Central, El Comisario e Pasapalabra. Ademais, a adquisición en 2006 de Tripictures, a principal distribuidora cinematográfica independente de España, fai que estea presente en todo o proceso audiovisual.

No ano 2010, Vocento está poñendo en marcha na TDT a canle "La 10", unha rede nacional de televisións autonómicas, grazas ás súas concesións actuais de licenzas, "ao estilo FORTA", pero non pública como esta, se non privada.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar