Blanco y Negro

revista de Madrid (1891-2000)

Blanco y Negro foi unha revista ilustrada editada en Madrid, fundada en 1891 por Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio. Máis adiante converteuse, canda o ABC, na base do grupo Prensa Española. A revista, que tivo varias épocas de publicación, na última delas foi distribuída como suplemento de ABC, cesou definitivamente en 2000.

Blanco y Negro
Portada de Serafín Avendaño (3/2/1906)
PaísEspaña
Lugar de publicaciónMadrid
Linguacastelán
Fundación1891
FundadorTorcuato Luca de Tena
Última edición2000
Circulación
ISSN0006-4572
OCLC31635018
Na rede
HemBNE: 0005572778 HemBNE: 5446081
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Foi fundada en 1891 por Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio. Máis adiante converteuse en base da editorial Prensa Española, que tamén publicou o xornal ABC.[1] O éxito da revista motivou a creación posterior do diario, de carácter monárquico.

O seu primeiro director foi Eduardo Sánchez de Castilla, aínda que cedo, o 28 de febreiro de 1892, foi relevado polo propio Luca de Tena.[2]

Os rotativos da súa tirada atopábanse no Edificio ABC da rúa Serrano de Madrid. A publicación presentaba a novidade das ilustracións e gozou de gran prestixio polos seus artigos e colaboracións literarias, tendo no seu inicio tiradas próximas aos 20 000 exemplares. Foi a primeira publicación periódica española en utilizar a cor e o papel couché.[3] O 12 de maio de 1912 publicou a primeira fotografía en cor da prensa en España.[4]

Entre 1891 e 1939 editouse de forma continuada. Volveu reaparecer en 1957 como publicación independente, etapa que se prolongou ata 1980. En 1988 reapareceu como suplemento dominical do xornal ABC, ata o seu cesamento definitivo en outubro de 2000. Máis adiante publicouse un suplemento semanal de ABC co nome Blanco y Negro Cultural, que en 2005 pasou a chamarse ABCD Las Artes y Las Letras, tamén semanal.

Primeira etapa (1891-1939) editar

A revista, que publicou unha serie de almanaques anuais, competiu durante estes anos con outras revistas ilustradas como La Ilustración Española y Americana e Nuevo Mundo.[5]

Durante esta etapa participaron, no aspecto gráfico, viñetistas e humoristas gráficos como Ramón Cilla, Mecachis, Rojas,[6] Joaquín Xaudaró,[7] Teodoro Gascón,[8] Ángel Pons, Sileno[9] ou Melitón González,[10] ademais doutros artistas como Primitivo Carcedo,[11] Eulogio Varela,[12] José Arija,[13] Giuseppe Eugenio Chiorino,[14] Enrique Martínez Echevarría, Adolfo Lozano Sidro, Manuel Benet, Baldrich, José Loygorri, Máximo Ramos, Santiago Regidor,[7] Joaquín Araujo Ruano,[15] Pedro de Rojas,[16] Mariano Pedrero,[17] Julio Gros, Ángel Díaz Huertas, Narciso Méndez Bringa, José García y Ramos, Enrique Estevan y Vicente, Tomás Muñoz Lucena, Cecilio Plá, Francisco Sancha Lengo, Inocencio Medina Vera, Carlos Vázquez Úbeda,[18] Manuel García y Rodríguez,[19] Serafín Avendaño,[20] Alfredo Souto Cuero, Federico Ribas, José Blanco Coris, Juan Martínez Abades,[21] José Moreno Carbonero, Emilio Sala[9] ou Ángel Andrade,[22] que ilustraron as súas páxinas ao longo deses anos.

 
Obra de Máximo Ramos, publicada en Blanco y Negro en 1903.

Durante a guerra civil foi incautada polo goberno republicano.[23]

Segunda etapa (1957-1980) editar

Como semanario independente. Case ao mesmo tempo que a revista xuvenil madrileña 3 amigos, edita por primeira vez en España "As aventuras de Tintín":

Terceira etapa (1988-2000) editar

Como dominical de venda xunto ao diario ABC desde o 6 de marzo de 1988.[25] Incluía Gente Menuda como suplemento dirixido aos nenos. O último número recollido na hemeroteca de ABC para a revista Blanco y Negro é do 29 de outubro de 2000.[26]

Colaboradores literarios editar

Ao longo da súa historia acumulou un amplo libro de sinaturas de colaboradores literarios. Desde representantes da aristocracia nacional, como Hilda de Toledano (pseudónimo literario de María Pía de Sajonia-Coburgo Braganza) ou a novelista Emilia Pardo Bazán,[27] ata membros da xeración do 98 como Azorín, los Machado, Manuel Abril ou Francisco Villaespesa,[28] pasando por especialistas infantís como Elena Fortún, que estreou en Blanco y Negro o seu personaxe infantil "Celia" un 24 de xuño de 1928.

Notas editar

  1. Iglesias, Francisco: Historia de una empresa periodística, Prensa Española, 1891-1978. Madrid, Prensa Española, 1980
  2. "Conviniendo a...". Blanco y Negro (Madrid) (43): 141. 29/2/1892. ISSN 0006-4572. 
  3. Escolar, Hipólito. Historia del Libro, p. 572. Fundación Germán Sánchez Ruipérez, 1988
  4. A fotografía se titulaba "La primera lección" e amosaba un violinista aprendendo a unha nena a tocar o violín. En ABC (Cultura), 12/5/2003
  5. Palenque, Marta (2014). "Un diluvio de almanaques. Los almanaques de la prensa ilustrada: Blanco y Negro (1896-1900)". Anales de Literatura Española (en castelán) (26): 327–362. ISSN 0212-5889. doi:10.14198/ALEUA.2014.26.15. 
  6. Conde Martín, Luis (2002). Historia del humor gráfico en España (en castelán). Editorial Milenio. p. 79. ISBN 9788497430586. 
  7. 7,0 7,1 Almazán Tomás, V. David (1998). "El japonismo en la obra gráfica del ilustrador Joaquín Xaudaró (1872-1933)". Arte e identidades culturales: actas del XII Congreso Nacional del Comite Español de Historia del Arte : 28, 29, 30 de septiembre y 1 de octubre, Oviedo 1998 : homenaje a D. Carlos Cid Priego. Universidad de Oviedo. p. 42. ISBN 9788483170830. 
  8. Jaime Lorén, José María de (2008). "Teodoro Gascón Baquero y sus populares dibujos costumbristas". Cuentos baturros (en castelán). Calamocha: Centro de Estudios del Jiloca. pp. XVI–XVI. ISBN 978-84-611-9914-3. 
  9. 9,0 9,1 "Más de mil artistas plásticos desfilaron por "Blanco y Negro"". Blanco y Negro (en castelán): 167. 7/5/1966. 
  10. Iñiguez Barrena, Francisca (1999). La parodia teatral en España (1868-1914) (en castelán). Universidad de Sevilla. pp. 85–86. ISBN 9788447205202. 
  11. Palenque, Marta (2011). "El Tren Expreso en cromos y postales o la gloria de Ramón de Campoamor". En Borja Rodríguez Gutiérrez, Raquel Gutiérrez Sebastián (eds.). Literatura ilustrada decimonónica : 57 perspectivas (PDF) (en castelán). Santander: Ediciones de la Universidad de Cantabria. ICEL, Instituto Cántabro de Estudios Literarios. p. 556. ISBN 978-84-8102-617-7. 
  12. Egido, José Carlos Brasas; Varela Sartorio, Eulogio (1995). Eulogio Varela y la ilustración gráfica modernista en Blanco y Negro. ISBN 8460540170. 
  13. Brasas Egido, José Carlos (2005). José Arija, dibujante modernista de "Blanco y Negro". Estudios de historia y arte : homenaje al profesor Alberto C. Ibáñez Pérez (Servicio de Publicaciones). pp. 445–450. ISBN 8496394301. 
  14. Brasas Egido, José Carlos (2009). "La obra en España de un dibujante de estilo Liberty: Giuseppe Eugenio Chiorino ("GECH")". BSAA Arte (75): 285–296. ISSN 1888-9751. 
  15. Martínez Plaza, Pedro J. (2015). "El pintor Joaquín Araujo Ruano, nuevas aportaciones a su vida y obra". Actas I Congreso Ciudad Real y su provincia III. Ciudad Real: Instituto de Estudios Manchegos. p. 264. ISBN 978-84-87248-43-6. 
  16. Fernández García, Ana María (1997). Arte y emigración: la pintura española en Buenos Aires, 1880-1930. Universidad de Oviedo. pp. 236–237. ISBN 84-7468-929-5. 
  17. Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana 42. J. Espasa. 1920. p. 1269. 
  18. García Melero, José Enrique (2012). Literatura española sobre artes plásticas / 2: Bibliografía aparecida en España durante el siglo XIX. Encuentro. pp. 179–180. ISBN 9788499205151. 
  19. Rodríguez Aguilar, Inmaculada Concepción (2000). Arte y cultura en la prensa: la pintura sevillana (1900-1936). Universidad de Sevilla. p. 26. ISBN 84-472-0576-2. 
  20. "No centenario da morte de Serafín Avendaño / Rede Museística provincial de Lugo". redemuseisticalugo.org. 23 de agosto de 2016. Consultado o 2 de julio de 2017. 
  21. Jover Zamora, José M. (2000). ""Cansera", de Vicente Medina. La otra cara del 98". España: cambio de siglo. Real Academia de la Historia. ISBN 9788489512696. 
  22. "Andrade ha vuelto a la Diputación". Diario La Comarca de Puertollano. 15/6/2005. Consultado o 2/7/2017. 
  23. Artigo de Julián Marías nun dos últimos números desa época en Proyecto filosofía en español
  24. Aventuras en prensa, "Catálogo de Tintín en España", 2011 (en castelán).
  25. Anuncio del primer número como publicación dominical el 5 de marzo de 1988
  26. "Blanco y Negro". Hemeroteca de ABC. 
  27. Freire, Ana María. Hispanoamérica en la visión de Emilia Pardo Bazán (un asunto de familia) en Biblioteca Vitual Cervantes
  28. Lozano Marco, Miguel Ángel. Las colaboraciones de Azorín en "Blanco y Negro": El camino hacia "España: Hombres y paisajes" (1909) en España contemporánea: Revista de literatura y cultura, Tomo 3, Nº 1, 1990, pp. 25-46

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar