Baldrich
Roberto Martínez-Anido Baldrich, chamado Baldrich, nado o 6 de xaneiro de 1895 en Tarragona e finado en Madrid o 6 de agosto de 1959, foi un debuxante español, fillo do xeneral galego Severiano Martínez Anido.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Roberto Martínez-Anido Baldrich ![]() 6 de xaneiro de 1895 ![]() Tarragona, España ![]() |
Morte | 6 de agosto de 1959 ![]() Madrid, España ![]() |
Datos persoais | |
Outros nomes | Baldrich ![]() |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | ilustrador , deseñador de moda ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Pai | Severiano Martínez Anido ![]() |
Irmáns | Rafael Martínez-Anido Baldrich (en) ![]() ![]() |
![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/54/Jab%C3%B3n_Sales_de_Caraba%C3%B1a_%28Baldrich_1924%29_cartel_publicitario_de_cer%C3%A1mica_en_la_estaci%C3%B3n_de_metro_Sevilla_%28Madrid%29.png/220px-Jab%C3%B3n_Sales_de_Caraba%C3%B1a_%28Baldrich_1924%29_cartel_publicitario_de_cer%C3%A1mica_en_la_estaci%C3%B3n_de_metro_Sevilla_%28Madrid%29.png)
Traxectoria
editarMilitar de formación, comezou a gañar sona como debuxante e ilustrador. Foi secretario particular do seu pai en 1923, cando Severiano Martínez Anido ocupou o cargo de ministro da Gobernación, pero axiña deixou a política para dedicarse á ilustración. Os seus debuxos foron publicados por Vogue, o que acabou facendo que se trasladase a vivir a Nova York en 1928, onde ademais de para Vogue ilustrou para Smart Set e Harper's Bazaar. Despois de volver a España, marchou ao exilio a Francia co seu pai logo da caída de Miguel Primo de Rivera, onde comezou a dedicarse de pleno á pintura, igual có seu pai e tamén ao cartelismo. Nesa década, e dende Francia, colaborou coa revista Blanco y Negro, o buque insignia do xornal ABC.
Ao estourar a Guerra civil española Baldrich permaneceu en Francia, onde se dedicou a tarefas de información e espionaxe a prol do bando franquista. A segunda guerra mundial fixo que se establecese en Donostia, onde se dedicou plenamente á pintura e á ilustración para xornais. Viviu longas tempadas en Buenos Aires, onde se encargou de ilustrar todas as portadas da revista mensual arxentina Atlántida entre 1953 e 1959, e Madrid, onde faleceu dunha doenza hepática[1].
Notas
editar- ↑ Adios a Baldrich, 8/8/1959.