Ilustración

corrente intelectual de pensamento que se desenvolveu en Europa no século XVIII
Parte da "Escola de Atenas", por Rafael Sanzio
Historia da
filosofía occidental
Períodos
Presocrática
Grega
Helenística
Medieval
Renacentista
Moderna
Contemporánea
Séculos
XVII
XVIII
XIX
XX

A Ilustración é a corrente intelectual de pensamento que se desenvolveu en Europa no século XVIII baseada no corpo doutrinal dun grupo de filósofos, na súa maioría franceses, que facía énfase na razón e na ciencia como formas de explicar o universo. Foi un dos movementos impulsor do capitalismo e da sociedade moderna. Tivo unha dinámica rápida nos países protestantes e máis lenta nos demais estados da Europa.[1][2]

Rousseau
Denis Diderot, fundador da Enciclopedia Francesa

Orixe Editar

A ilustración foi un fenómeno cultural que se desenvolveu en Europa e América afectando á totalidade dos ámbitos sociais, políticas e culturais do mundo do século XVIII. Aínda que este movemento afectou a case todo o mundo, non tivo a mesma importancia nuns países que noutros, xa que algunhas nacións achegaron constantemente novas ideas, mentres que outras, limitábanse a seguir de lonxe as innovacións que se ían producindo nos outros países. Se se establece unha clasificación dos países "máis ilustrados", a orde sería: Francia, Alemaña e Inglaterra.[3][4]

Ideas básicas Editar

A ilustración presenta as seguintes ideas:

  • Empirismo: os ilustrados, en contra da obriga a aceptar as verdades en base á fe ou á autoridade de quen as proclama, contrapuxeron a experimentación para poder coñecer o mundo e conseguir o progreso. O coñecemento nace da experiencia e todo aquilo que non poida ser verificado pola mesma, como a fe ou a metafísica, non poden ser consideradas nun plano de igualdade co que nace do empírico, como a ciencia.
  • Criticismo: o ilustrado aspira a someter a crítica racional todo o coñecemento anterior, poñendo en cuestión todo o herdado por tradición ou imposto pola simple fe.
  • Desexo de Coñecemento: o ilustrado sente un enorme desexo de coñecer o mundo onde habita, de iluminalo, aínda que tamén sente a necesidade de dar a coñecer o aprendido.
  • Utopismo: Crese que a aplicación da razón a todos os aspectos da vida humana permitira unha mellora constante da sociedade e un progreso económico e cultural ilimitado.
  • Progreso e Felicidade: o ilustrado ao que aspira como obxectivo prioritario é a conseguir a felicidade neste mundo.
  • Reformismo: os ilustrados propoñen modernizar a sociedade mediante lentas reformas que sería levadas a cabo por reis e gobernos de carácter absolutista.[5]

Características Editar

As características máis importantes desta corrente son:

  • Natureza: desexo de descubrir mediante a aplicación da razón e da observación as leis que rexen a natureza. Amor á natureza.
  • Razón: Fe constante no poder da razón humana, polo tanto, todo o racional era bo, mentres que o irracional era incorrecto.
  • Igualdade: Todos os homes proceden da mesma natureza, polo que todos posúen a capacidade de razoar xa que todos son iguais.
  • Progreso: crenza no progreso da sociedade humana, para mellorar as condicións de vida e acadar a felicidade.
  • Liberdade: En cuestións políticas, relixiosas, intelectuais e económicas.
  • Deísmo: É a relixión natural. Tiña o seu fundamento en que Deus e a alma non podían ser coñecidos xa que eran algo abstracto, que non se percibe cos sentidos.
  • Moral laica: É independente da relixión, xa que os homes réxense por morais, non só porque Deus manda observalas, senón porque a razón esixe o respecto dos dereitos dos demais.[6]

O pensamento partía do suposto de que o ser humano nacera para ser feliz, de que a razón humana era capaz por si soa de acadar a verdade e dos principios fundamentais da teoría de John Locke e a partir de aí os filósofos ilustrados propuñan unha nova forma de Estado que garantise a liberdade, a seguridade e a prosperidade e que, como consecuencia fose representativa e non totalmente dependente da vontade do monarca. Pero para que trunfase está postura os filósofos eran conscientes que tiña que cambiar a sociedade e estar baseada na tolerancia e a igualdade legal, pero non económica.[7][8][9]

Representantes Editar

Os máximos representantes deste movemento foron: Montesquieu, que teorizou sobre a separación de poderes, Voltaire, defensor da liberdade de pensamento, e Rousseau, que expresou o principio de soberanía nacional.[10]

  • Montesquieu: Era membro da nobreza francesa e admirador do réxime parlamentario inglés, xa que consideraba a este o mellor sistema político capaz de garantir a liberdade dos homes e impedir así o abuso dos gobernantes. Pero a súa maior achega foi a teoría da separación de poderes (lexislativo, executivo e xudicial) na súa obra O espírito das leis para evitar o despotismo.
  • Voltaire: A súa filosofía era a defensa dos dereitos do home para seguir os ditados da súa razón á vez que dicía que o home debía seguir as súas ideas e opinións con respecto á relixión e a práctica da mesma. Voltaire cría no deísmo, xa que pensaba que Deus creara o Universo, pero que só lle dera o primeiro impulso, e que despois non interviñera en nada máis. Amais, promoveu a creación de parlamentos que limitasen o poder dos reis e a reforma do sistema fiscal para acabar cos privilexios.
  • Jean Jacques Rousseau: Os seus ideais partían do suposto de que os homes posúen dereitos naturais que deben ser respectados por todos, pero inclúe outro elemento como característica da natureza humana, a idea de que o estado natural era unha situación perfecta na cal todos os homes eran bos, pero que ao formarse na sociedade xorden as desigualdades e así o egoísmo. E isto ocasionou que os homes perderon os sentimentos morais concedidos pola natureza, para cambialos por unha actitude racionalista e fría que os afasta da súa bondade innata. Na súa obra O contrato social sostivo que o poder reside no pobo e que o Estado xorde coma resultado dun pacto ou contrato entre os cidadáns, concepción que inspirou o concepto de soberanía nacional[11].
  • Denis Diderot: critica a sociedade corrupta do seu tempo e é racionalista e materialista igual que Voltaire, sostén que as ciencias naturais permitirán o progreso técnico, polo que está en contra da relixión tradicional.
  • François Quesnay: Foi o cabeza dun grupo de pensadores que deron orixe ao movemento chamado fisiocracia e que desenvolveron unha teoría acerca das leis que rexen as actividades económicas. Esta teoría baséase no principio de que o desenvolvemento económico dun país está determinado polo nivel de produción agrícola e non pola riqueza metalúrxica que posúa.

A Ilustración en Galiza Editar

En Galiza fundáronse Sociedades Económicas de Amigos do País, coma a de Santiago (1784) ou a de Lugo (1785). Amais, creouse a Academia de Agricultura do Reino de Galiza e fundouse o Real Consulado Marítimo da Coruña, que activou o comercio atlántico.

Os ilustrados galegos promoveron a resolución de cuestións concretas, coma o estado dos camiños, a necesidade de converter o río Miño en navegábel ou o fomento do comercio de gando.

No panorama intelectual, sobresaíron personalidades beneditinas coma Benito Xerónimo Feijoo ou Martín Sarmiento. Amais, Lucas Labrada escribiu Descrición económica do reino de Galiza.

Notas Editar

  1. Kors, Alan Charles. Encyclopedia of the Enlightenment. Oxford: Oxford UP, 2003. Print.
  2. Casey, Christopher (30 de outubro de 2008). ""Grecian Grandeurs and the Rude Wasting of Old Time": Britain, the Elgin Marbles, and Post-Revolutionary Hellenism". Foundations. Volume III, Number 1. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2009. Consultado o 25 de xuño de 2009. 
  3. Robert R. Palmer, The Age of the Democratic Revolution (1964)
  4. Russell, Bertrand. A History of Western Philosophy. p 492–494
  5. Hooker, Richard (1996). "The European Enlightenment". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2008. Consultado o 18 de xaneiro de 2008. 
  6. Israel, J. (2001). Radical Enlightenment; Philosophy and the Making of Modernity 1650–1750. Oxford, Oxford University Press. p. 159. 
  7. See Darnton, The Literary Underground, 184.
  8. Darnton, The Literary Underground, 135–147.
  9. Darnton, The Literary Underground, 13, 17.
  10. Frost, Martin (2008). "The age of Enlightenment". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2007. Consultado o 18 de xaneiro de 2008. 
  11. Fernández Bulete, Virgilio (2012). Ciencias socias historia. SM Xerme. ISBN 978-84-9854-281-3. 

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

  • Becker, Carl L. The Heavenly City of the Eighteenth-Century Philosophers. (1932)
  • Bronner, Stephen. The Great Divide: The Enlightenment and its Critics
  • Burns, William. Science in the Enlightenment: An Encyclopædia (2003) 353pp
  • Chisick, Harvey. Historical Dictionary of the Enlightenment. 2005. 512 pp
  • Delon, Michel. Encyclopædia of the Enlightenment (2001) 1480pp
  • Dupre, Louis. The Enlightenment & the Intellectual Foundations of Modern Culture 2004
  • Gay, Peter. The Enlightenment: The Rise of Modern Paganism (1966, 2nd ed. 1995), 952 pp; The Enlightenment: The Science of Freedom, (1969 2nd ed. 1995)
  • Greensides F, Hyland P, Gomez O (ed.). The Enlightenment (2002)
  • Cowan, Brian, The Social Life of Coffee: The Emergence of the British Coffeehouse. New Haven: Yale University Press, 2005
  • Darnton, Robert. The Literary Underground of the Old Regime. (1982).
  • Edelstein, Dan. The Enlightenment: A Genealogy (University of Chicago Press; 2010) 209 pages
  • Golinski, Jan. "Science in the Enlightenment, Revisited," History of Science (2011) 49#2 pp 217–231
  • Goodman, Dena. The Republic of Letters: A Cultural History of the French Enlightenment. (1994).
  • Hesse, Carla. The Other Enlightenment: How French Women Became Modern. Princeton: Princeton University Press, 2001.
  • Hankins, Thomas L. Science and the Enlightenment (1985).
  • Diderot, Denis. Rameau's Nephew and First Satire.' (2008).
  • Diderot, Denis. "Letter on the Blind" in Tunstall, Kate E. Blindness and Enlightenment. An Essay. With a new translation of Diderot's Letter on the Blind (Continuum, 2011)

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar