Filosofía moderna

Parte da "Escola de Atenas", por Rafael Sanzio
Historia da
filosofía occidental
Períodos
Presocrática
Grega
Helenística
Medieval
Renacentista
Moderna
Contemporánea
Séculos
XVII
XVIII
XIX
XX

A filosofía moderna abrangue os comezos do Renacemento e a reforma protestante até os derradeiros anos do século XX, que se asentará nos terreos da subxectividade.

As dúbidas sobre a posibilidade dun coñecemento obxectivo da realidade, material ou divino, farán do problema do coñecemento o punto de partida da reflexión filosófica. Son moito os acontecementos que teñen lugar ao final da Idade Media, tanto de tipo social e político, como cultural e filosófico, que abrirán as portas cara a modernidade.

En canto ao filosófico, o desenvolvemento do humanismo e da filosofía renacentista, xunto coa revolución copernicana, asociada ao desenvolvemento da Nova Ciencia, provocarán o derrubamento dunha escolástica xa en crise e impoñerán novos esquemas conceptuais. Das abadías e mosteiros a filosofía volverá á cidade; da glosa e o comentario, á investigación da razón.

Correntes

editar

Catro elementos enmarcan o esquema básico da época:

  • A Filosofía Racionalista
  • A Filosofía Empirista
  • O nacemento das Ciencias Modernas
  • A Ilustración

A filosofía moderna caraterízase por centralizar, sen excepción, o suxeito e facer da subxectividade o seu eixe.Tanto o racionalismo, dominante na Europa continental, como o empirismo británico son subxectivistas, aínda que diversos nos seus desenvolvementos teóricos, que darán lugar, a finais do século XVIII a unha síntese de notable profundidade especulativa como é a de Kant. Tamén hai que destacar que a filosofía moderna empeza co importante filósofo chamado Descartes.

Filósofos modernos

editar