Montesquieu

filósofo francés

Charles-Louis de Secondat, señor de La Bredé e Barón de Montesquieu, nado o 18 de xaneiro de 1689 preto de Bordeos e finado o 10 de febreiro de 1755, foi un aristócrata, político, filósofo e escritor francés, fillo dunha familia nobre, debe a súa fama teoría da separación dos poderes, actualmente consagrada en moitas das modernas constitucións nacionais.

Modelo:BiografíaMontesquieu

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Charles-Louis de Secondat Editar o valor en Wikidata
18 de xaneiro de 1689 Editar o valor en Wikidata
Château de la Brède (Reino de Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte10 de febreiro de 1755 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
París (Reino de Francia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaigrexa de Saint-Sulpice Editar o valor en Wikidata
Cadeira 2 da Academia Francesa (pt) Traducir
5 de xaneiro de 1728 – 10 de febreiro de 1755
← Louis de Sacy (pt) TraducirJean-Baptiste Vivien de Châteaubrun (pt) Traducir →
Xuíz
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Educacióncolexio de Juilly
Lycée Saint-Louis (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo, xuíz, Enciclopedista, historiador, político, avogado, novelista, sociólogo, escritor, xurista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela epistolar e ensaio Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloBarón Editar o valor en Wikidata
CónxuxeJeanne de Lartigue Editar o valor en Wikidata
FillosJean Baptiste de Secondat Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX991710 Bitraga: 3826 Discogs: 3594158 WikiTree: Secondat_de_Montesquieu-1 Find a Grave: 7653371 Editar o valor en Wikidata

Tivo formación ilustrada cos padres oratorianos, de xeito que se mostrou axiña como un crítico severo e irónico da monarquía absolutista decadente, así como do clero.

 
Lettres familieres a divers amis d'Italie, 1767

Montesquieu escribiu varias obras, gañou notoriedade e exerceu notable influencia. Contribuíu tamén para a Enciclopedia e foi unha das maiores figuras da Ilustración.

Cartas Persas

editar

En 1721, publicou Cartas Persas, obra da súa xuventude, un relato imaxinario, baixo forma epistolar, sobre a visita de dous persas, Rica e Usbeck, a París. Eles escriben para os seus amigos na Persia todo o que vén aló. Por medio desta narrativa, critica os costumes, as institucións políticas e os abusos da Igrexa e do Estado na Francia da época.

O espírito das leis

editar

Montesquieu elaborou unha teoría política, que aparece na súa obra máis famosa O Espírito das Leis (1748), inspirada en Locke e no estudo das institucións políticas inglesas, é unha obra voluminosa, dividida en 6 partes, cada cal en varios libros, composta de moitos capítulos. Nela discute sobre das institucións e das leis, e busca comprender as diversas lexislacións existentes en diferentes lugares e épocas. A pertinencia das observacións e a preocupación co método permiten atopar no seu traballo elementos que prenuncian unha análise sociolóxica. Algunhas das principais ideas de Montesquieu:

As leis escritas ou non, que gobernan os pobos, non son froito do capricho ou do arbitrio de quen lexisla. Ao contrario, decorren da realidade social e da historia concreta propia ao pobo considerado. Non existen leis xustas ou inxustas. O que existe son leis máis ou menos adecuadas a un determinado pobo e a unha determinada circunstancia de época ou lugar. O autor procura establecer a relación das leis coas sociedades, ou aínda, co espírito desas.

O que Montequieu describe como espírito xeral dunha sociedade aparece como resultante de causas físicas (o clima), causas morais (costumes, relixión...) e as máximas dun goberno (ARON, R.). Modernamente, sería o que chamamos dunha identidade nacional que se constitúe conforme os factores citados acima.

As máximas anteriormente descritas din respecto aos, segundo o propio autor, tipos e conceptos que darían conta daquilo que as causas non abrangue. Serían o principio e a natureza dun goberno.

  • Natureza: aquilo que fai un goberno ser o que é, determinado pola cantidade daqueles que detén a soberanía;
  • Principio: o que pon ese goberno en movemento, o principio motor en linguaxe filosófica, constituído polas paixóns e necesidades dos homes.

Montesquieu distingue tres formas de goberno: República, monarquía e despotismo. Os tipos de gobernos e as súas máximas:

  • República - soberanía nas mans de moitos (de todos =democracia - dalgúns= aristocracia) - principio é a virtude;
  • Monarquía - soberanía nas mans dun só segundo leis positivas - principio é a honra;
  • Despotismo - soberanía nas mans dun só segundo o arbitrio deste - principio é o medo;

A pesar de beber na fonte dos clásicos (notadamente Aristóteles) o seu esquema de gobernos é diverso do daqueles: Montesquieu, ao considerar democracia e aristocracia un mesmo tipo e falar do despotismo como un tipo en si e non a corrupción doutro (da monarquía no caso), mostrase máis preocupado coa forma con que será exercido o poder: se será segundo leis ou non.

Para Montesquieu, a forma republicana de goberno só sería viable en rexións pequenas, como as cidades gregas da antigüidade e as cidades italianas da Idade Media. Para os grandes Estados, só sería posible o despotismo (absolutismo) e as monarquías. El simpatizaba coa monarquía constitucional (liberal) á moda inglesa, e foi a partir dunha viaxe á Inglaterra que elaborou a súa teoría da separación dos 3 poderes.

Ao procurar descubrir as relacións que as leis ten coa natureza e o principio de cada goberno, Montesquieu desenvolve unha alentada teoría de goberno que alimenta as ideas fecundas do constitucionalismo, polo cal se busca distribuír a autoridade por medios legais, de modo a evitar o arbítrio e a violencia. Tales ideas se encamiñan para a mellor definición da separación dos poderes, aínda hoxe unha das pedras angulares do exercicio do poder democrático. Montesquieu admiraba a constitución inglesa, mesmo sen comprendela completamente, e describiu coidadosamente a separación dos poderes en Executivo, Xudicial e Lexislativo, traballo que influenciou os elaboradores da constitución dos Estados Unidos. O Executivo sería exercido por un rei, con dereito de veto sobre as decisións do parlamento. O poder xudicial non era único, porque os nobres non poderían se xulgados por tribunais populares, mais só por tribunais de nobres; por tanto Montesquieu non defende a igualade de todos perante a lei. O poder lexislativo, convocado polo executivo, debería ser separado en dúas casas: o corpo dos comúns, composto polos representantes do pobo, e o corpo dos nobres, formado por nobres, hereditario e coa facultade de impedir (vetar) as decisións do corpo dos comúns. Esas dúas casas terían asembleas e deliberacións separadas, así como intereses e opinións independentes. Reflectindo sobre o abuso do poder real, Montesquieu conclúe que "só o poder frea o poder", de aí a necesidade de cada poder manterse autónomo e constituído por persoas e grupos diferentes.

É ben verdade que a proposta da división dos poderes aínda non se atopa en Montesquieu coa forza que acostumouse posteriormente a atribuírlle. En outras pasaxes da súa obra, el non defende unha separación tan ríxida, pois o que el pretendía de feito era realzar a relación de forzas e a necesidade de equilibrio e harmonía entre os tres poderes.

Montesquieu non era un revolucionario. A súa opción social aínda era pola súa clase de orixe, a nobreza. El soñaba apenas coa limitación do poder absoluto dos reis, pois era un conservador, que quería a restauración das monarquías medievais e o poder do Estado nas mans da nobreza. As conviccións de Montesquieu reflíctense á súa clase e por tanto o aproximan dos ideais dunha aristocracia liberal. Ou sexa, el critica toda forma de despotismo, mais non aprecia a idea do pobo asumir o poder. A súa crítica, mentres, serviu para desencadear a Revolución Francesa e instaurar a república burguesa.

Das leis en súas relacións cos diversos seres

editar

A lei como natural dos seres, propio deles. A lei deriva da natureza das cousas e non do arbitrio dun, cal sexa a crítica ao sistema hobbesiano.

Das leis da natureza

editar
  1. a paz;
  2. impulso pola procura de alimentos;
  3. relación entre os sexos;
  4. desexo de vivir en sociedade;

No estado de natureza hai paz, segundo Montesquieu, pois neste estado os homes témense e o medo impide que se ataquen no que cada un se sente inferior con relación ao outro. Será soamente coa constitución da sociedade cando os homes perderán ese medo e se enfrontarán.

Véxase tamén

editar