Barón

título nobiliario

Barón, ou baronesa, na súa forma feminina, é un dos títulos nobiliarios europeos cos que os monarcas mostran a súa gratitude a certas persoas. Seu señorío chámase baronía.

Coroa de barón.[1]

Durante a Alta Idade Media, barón significaba ao varón libre en distintos dialectos e idiomas antigos xermánicos, como o franco.[2] No tempo dos merovinxios o título empregábase para significar vagamente varón poderoso e, algunha vez, marido. Na época feudal, o título designaba un Señor ilustre gozando de todos os dereitos feudais en perfecta plenitude:

A muller que ostenta o título (muller esposa do barón) coñécese como baronesa. O territorio sobre os que os baróns exercían a súa xurisdición chamábase baronía. Os patrimonios dos infantes de Francia eran dados en condado e baronía (in comitatum et baroniam). En Inglaterra chamouse baróns aos pares do reino, aos xuíces do tribunal do Échiquier, aos notábeis de Londres, de York etc.[3]

Polo xeral, os títulos españois de barón anteriores ao século XIX corresponden a nobres procedentes da antiga Coroa de Aragón, lchamándose señor na Coroa de Castela, denominándose o territorio ao cal dominaba como señorío. A partir de mediados do século XIX carecede xurisdición territorial e é puramente honorífico.

En España é inmediatamente inferior ao de vizconde.[4]

  1. "Corona de barón". Diccionario de la lengua española. 
  2. "Barón, esa". Diccionario de la lengua española. 
  3. 3,0 3,1 Diccionario enciclopédico popular ilustrado Salvat (1906-1914).
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vizconde..

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • De Mayoralgo y Lodo, José Miguel (2007): Historia y régimen jurídico de los títulos nobiliarios: manual de nobiliaria I, Editorial Hidalguía. ISBN 978 84 8985 1566.