York
Coordenadas: 53°57′28″N 1°4′56″O / 53.95778, -1.08222
York é unha cidade do norte da Inglaterra, situada na confluencia dos ríos Ouse e Foss, no condado de North Yorkshire.
York | |||
---|---|---|---|
| |||
![]() | |||
Vista da cidade | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Yorkshire e Humber | ||
Condado cerimonial | Yorkshire Norte | ||
Xeografía | |||
Superficie | 271,94 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 197.800 hab. (2011) | ||
Densidade | 1.780 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | YO | ||
Páxina oficial de York |
Trátase dunha das máis antigas cidades inglesas, sendo fundada no 71 d.C. como Eboracum polos romanos. Entre o 190 e o 192 d.C. tornouse a capital principal do Imperio Romano ao gobernar desde ela o emperador Septimus Severus.
Crese que Eboracum, nome da cidade desde o ano 71 até o século VII, sexa unha latinización da expresión céltica Eborakon, que significa "lugar dos teixos".
O nome Eboracum mudou en Eoforwic cando os Anglos chegaron no século VII, un composto de Ebor>Eofor (do vello nome) e de -wic ("vila"). Cando no 886 foi conquistada por un exército normando procedente de Dinamarca, pasou a ser nomeada como Jórvik, en honra do líder militar que a tomou. O termo evolucionou até o actual York, rexistrado por primeira vez no século XIII
Arredor do ano 1080 comezou a construción da catedral, que actualmente se pode contemplar como un espléndido edificio de estilo gótico e é Sé do segundo arcebispo na xerarquía da Igrexa Anglicana, despois do de Westminster.



A cidade, grazas á súa proximidade á vía principal de comunicación entre o norte e o sur das illas, converteuse nun puxante centro de comercio. O rei Henrique I deulle o seu primeiro foro que lle garantía o dereito de comercio co resto de Inglaterra e Europa. Durante a Idade Media os marchantes de York importaban viño de Francia, roupas, cera, lonas e carballo dos Países Baixos, madeira e peles dos países Bálticos e exportaban gran a Gascoña e la aos Países Baixos
No século XIX York converteuse nun eixo da rede de ferrocarrís e nun centro de fabricación de doces. Nas décadas recentes, a economía de York mudou para se centrar no sector servizos. A Universidade de York e os Servizos de Saúde convertéronse nos maiores xeradores de emprego, xunto co turismo que tamén acadou un lugar importante na economía local.
En 2003, a cidade tiña 183.128 habitantes.
Nomes Editar
- 71 — (Latín) Eboracum
- Século VII — (Inglés antigo) Eoforwic
- 866 — (Nórdico antigo) Jórvík
- c. 1100 — (Inglés) York