Dijon
Coordenadas: 47°17′26″N 5°2′34″L / 47.29056, -5.04278
Dijon é unha cidade de Francia, capital (préfecture) do departamento de Côte-d'Or e cabeza da rexión de Borgoña-Franco Condado. A poboación de Dijon en 2008 era de 151.576 habitantes, segundo estimacións do INSEE, organismo francés de estatísticas, cifra que a convertía na 17ª cidade máis populosa do país.
Dijon | ||
---|---|---|
![]() | ||
Vistas da cidade | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Rexión | Borgoña-Franco Condado | |
Departamento | Côte-d'Or | |
Distrito | Distrito de Dijon | |
Xeografía | ||
Altitude | 220-410 msnm | |
Superficie | 40,41 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 151.576 hab. (2008) | |
Densidade | 3.800 hab/km² | |
Outros datos | ||
Código postal | 21000 | |
Alcalde | François Rebsamen | |
Páxina oficial de Dijon |
Posuidora dun rico patrimonio artístico e cultural, «capital dos duques de Borgoña», é unha cidade turística, gastronómica e comercial, "cidade verde", goza dunha viva tradición de intensa vida cultural. Ë tamén unha cidade universitaria e de congresos. Ademais goza dun tecido industrial diversificado, especialmente no sector de servizos.
Os seus habitantes son denominados, en francés, os dijonnais.
XeografíaEditar
Dijon sitúase no nordeste de Francia, a uns 300 km ao sueste de París, na confluencia do río Ouche (afluente do Loira) e o seu afluente o Suzon. Un pequeno rego o Raine é tamén tributario do Ouche. A cidade está atravesada tamén polo canle de Borgoña.
O clima de Dijon é oceánico, mais, dado o seu afastamento do mar, un tanto continentalizado.
Lugares de intereseEditar
- Porte Guillaume, do século XVIII, situada na praza Darcy.
- Catedral de Saint-Bénigne (século XIV), flanqueada por unha antiga abadía, actualmente Museo Arqueolóxico.
- Os tellados borgoñóns, compostos de tellas multicolor (verdes, negras, amarelas e castañas) decoran moitas edificacións do centro urbano.
MuseosEditar
- Museo de Belas Artes, situado Pazo dos Estados e dos Duques de Borgoña.
- Museo da vida borgoñoa Perrin de Puycousin, acolle reconstrucións de escenas da vida cotiá tradicional e de antigos oficios.
- Museo François Rude, dedicado á vida do escultor romanticista Rude.
- Exposicións Florissimo, cada 4 anos, cita mundial das persoas afeccionadas ás flores.
- Xardín de l'Arquebuse, arrodea o Museo de Historia Natural.
Galería de imaxesEditar
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dijon |