Clima oceánico
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
O clima atlántico ou oceánico é propio das zonas temperadas con gran dinamismo de correntes mariñas e ventos.
Caracterízase por unhas temperaturas suaves e abundantes chuvias por mor da proximidade ao Océano, nas costas occidentais dos continentes. Os invernos son suaves e os veráns frescos cunha oscilación térmica anual pequena (10 °C de media). As precipitacións son abundantes e están ben distribuídas aínda que cun máximo hibernal.
Rexións con clima oceánico
editarEn Europa pódese atopar nas comunidades españolas de Asturias, Cantabria, País Vasco, zona norte de Navarra e algunhas zonas dos Pireneos occidentais. Así mesmo como en Francia e os países do noroeste europeo.
Débese lembrar que, contrariamente á crenza popular, Galicia non forma parte das rexións con clima oceánico, senón que pertence ó clima Csb.
O clima áchase ademais no sur de Chile, na costa central da Arxentina, en Nova Zelandia, Tasmania, Canadá, e Estados Unidos.