Tempo central europeo de verán
Fusos horarios en Europa | |
Azul | Horario de Europa Occidental Horario de verán de Europa Occidental (UTC+0 / UTC+1) |
Azul Claro | Horario de Europa Occidental (UTC+0) |
Vermello | Hora Central Europea Hora Central Europea de verán (UTC+1 / UTC+2) |
Vermello claro | Hora Central Europea (UTC+1) |
Amarelo | Horario do Leste Europeo Horario de verán do Leste Europeo (UTC+2 / UTC+3) |
Laranxa | Horario de Kaliningrado (UTC+3) |
Verde | Horario de Moscova (UTC+4). |
O tempo central europeo de verán é a hora que se aplica na maior parte de Europa durante o verán. Equivale a 2 horas máis có UTC. A forma abreviada para referirse a esta hora é CEST (sacada das iniciais tal coma son escritas en inglés: Central European Summer Time). Tamén se usan outros nomes e acrónimos para referirse a el: por exemplo EST (Tempo Europeo de Verán).
Este horario de verán aplícase dende as 01:00 UTC do último domingo de marzo, ata as 01:00 UTC do último domingo de outubro. No domingo de marzo adiántanse os reloxos unha hora ás 2:00 da mañá (ese día terá 23 horas), e no domingo de outubro atrásase unha hora ás 3:00 da mañá (que pasarán a ser as 02:00), así que ese día durará 25 horas.