Santo Sepulcro

A igrexa do Santo Sepulcro (en latín: Ecclesia Sancti Sepulchri; tamén chamada igrexa da Resurección ou igrexa da Anastase pola Igrexa ortodoxa; en árabe: كنيسة القيامة, Kaneesat al-Qeyaamah; en hebreo: כנסיית הקבר, Knesiyat ha-Kever; en grego: Ναός της Αναστάσεως, Naos tes Anastaseos; en armenio: Սուրբ Յարութեան տաճար, Surb Harut’ian Tachar), é unha igrexa dentro do barrio cristián da cidade vella de Xerusalén, preto de Muristan. A igrexa contén, de acordo coas tradicións máis antigas do século IV, os dous lugares máis sagrados da cristiandade: o lugar onde Xesús de Nazaret foi crucificado, coñecido como "Calvario" (Calvāria) en latín e "Golgotha" (Γολγοθᾶ, "Golgothâ") en grego,[1] e a tumba baleira de Xesús, onde se di que foi enterrado e onde resucitou. A tumba está rodeada polo santuario do século 18, chamado Edículo.

Santo Sepulcro
The Church of the Holy Sepulchre-Jerusalem.JPG
Igrexa do Santo Sepulcro
Datos xerais
PaísFlag of Israel.svg Israel
TipoBasílica
LocalizaciónXerusalén
Coordenadas31°46′42″N 35°13′47″L / 31.778444444444, 35.22975Coordenadas: 31°46′42″N 35°13′47″L / 31.778444444444, 35.22975
CatalogaciónMonumento histórico
Culto
CultoOrtodoxo grego, católico latino, apostólico armenio, ortodoxo copto, ortodoxo etíope, ortodoxo siríaco
Arquitectura
Construción335 (derrubada en 1009, reconstruída en 1048)
EstiloRománico, barroco
Santo Sepulcro en Israel
Santo Sepulcro
Santo Sepulcro
editar datos en Wikidata ]

NotasEditar

  1. Sacred-destinations.com, ed. (21 de febreiro de 2010). "Church of the Holy Sepulchre, Jerusalem". Xerusalén. Consultado o 7 de xullo de 2012. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar