Crucifixión de Xesús
A crucifixión de Xesús é un feito narrado nos evanxeos, que relata a morte de Cristo no Gólgota de acordo coa fe cristiá. Xesús, a quen os cristiáns consideran o Fillo de Deus e o Mesías, segundo a tradición foi arrestado, xulgado polo Sanedrín de Xerusalén e sentenciado polo procurador Pilato a ser flaxelado e, finalmente, crucificado. En conxunto estes acontecementos son coñecidos como "a Paixón". O sufrimento de Jesús e a súa morte representan os aspectos centrais da teoloxía cristiá, incluíndo as doutrinas da salvación e a expiación.

Os cristiáns entenderon tradicionalmente a morte de Xesús na cruz como unha morte en sacrificio expiatorio. A maioría dos cristiáns proclaman este sacrificio a través do pan e o viño da Eucaristía, como un recordo da Última Cea, e moitos tamén conmemoran o evento o Venres Santo de cada ano.[1][2]
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Brown, Raymond E. (2006). La muerte del Mesías. Desde Getsemaní hasta el sepulcro. 2 volumes. Pamplona (Navarra): Editorial Verbo Divino. ISBN 84-8169-485-1.
- Wikenhauser, Alfred (1978). El Evangelio según san Juan. Barcelona: Editorial Herder. ISBN 84-254-0083-X.