Abrir o menú principal

O patriarcado de Xerusalén dos latinos (en latín: Patriarchatus Hierosolymitanus Latinorum) é unha sé católica latina inmediatamente suxeita á Santa Sé, con xurisdición sobre Israel, Chipre, Palestina e Xordania. O patriarca actual é o arcebispo Fuad Tual.

Patriarcado de Xerusalén dos latinos
Patriarchatus Hierosolymitanus Latinorum
PatriarcatoInsegna.JPG
Datos xerais
LocalizaciónChipre, Israel, Palestina e Xordania
Poboación
- Fieis

160.700
Información
Igrexa particularIgrexa católica latina
RitosRito romano
Xerarquía
PapaFrancisco
Patriarca(Sé vacante)
Outros datos
Sede centralXerusalén
Páxina weblpj.org
Latin Patriarch of Jerusalem.svg

Patriarcado de Xerusalén

HistoriaEditar

CronoloxíaEditar

  • Século I: Fundación da diocese de Xerusalén.
  • 451: Elevación da sé a patriarcado de Xerusalén (rito bizantino).
  • 1099: Institución do patriarcado de Xerusalén (rito latino).
  • 1295: Redución a patriarcado titular de Xerusalén.
  • 1847: Restabelecemento do patriarcado latino de Xerusalén.

O patriarcado cruzadoEditar

O 15 de xullo de 1099 Xerusalén foi conquistada polos cruzados, que estabeleceron o Reino de Xerusalén que durou preto de 200 anos. Até ese momento a maioría dos cristiáns en Terra Santa estaban baixo a xurisdición do patriarca ortodoxo de Xerusalén, mais os cruzados non aceptaron someterse ao rito bizantino e a unha Igrexa independente de Roma dende o Gran Cisma de 1054 entre o Oriente e o Occidente cristiáns.

Así, o 1 de agosto de 1099 os relixiosos cruzados crearon o patriarcado de Xerusalén dos Latinos, e foi nomeado como primeiro titular Arnulf de Chocques. Simón II, o patriarca grego de Xerusalén, acabou refuxiándose en Constantinopla, cara a 1107, e os seus sucesores non voltarían a Xerusalén até 1187.

Foi estabelecida unha xerarquía latina, de rito romano, e durante a existencia do reino de Xerusalén, o patriarcado latino foi dividido en catro arquidioceses: Tiro, Cesarea, Nazaret e Petra;[1] e tiña como sufragáneas directas ás dioceses de Lida-Ramla, Belén, Hebrón e Gaza, e os abades do monte do Templo, monte Sión e monte das Oliveiras.

O patriarca latino tamén controlaba o barrio cristián da cidade de Xerusalén (a igrexa do Santo Sepulcro e inmediacións).

Logo da caída de Xerusalén, en 1187, a sé do patriarcado foi movida a Tiro e Acre en 1191. Os patriarcas volveron a Xerusalén en 1229, cando a cidade foi devolta aos cruzados, e novamente de volta a Acre en 1244. San Xoán de Acre xa tiña a súa diocese, mais as dúas foron unidas en 1261.

Cando, tras a caída de Acre en 1291, os últimos vestixios do Reino foron conquistados polos mamelucos, a historia do patriarcado cruzado rematou, aínda que permaneceu como sé titular.

A sé titularEditar

Logo da caída de San Xoán de Acre en 1291, a Igrexa Católica continuou a nomear patriarcas titulares de Xerusalén que, a partir de 1374, tiveron a súa sé na Basílica de San Lourenzo fóra dos Muros.

No século XIV, ademais desta basílica, o patriarca mantivo xurisdición sobre moitos territorios orientais que seguían en mans latinas (Chipre, Lesbos, Quíos, Creta, Rodas, Naxos e outras), mais estas posesións foron diminuíndo coas conquistas turcas.

O patriarcado actualEditar

O 23 de xullo de 1847 o papa Pío IX, co breve Nulla celebrior, decidiu restaurar o patriarcado de Xerusalén dos Latinos. O 4 de outubro foi anunciado que o Imperio Otomán autorizaba o restabelecemento da sé, con xurisdición sobre Palestina e Chipre.

Coa fin de evitar a implicación en temas políticos foron nomeados só patriarcas italianos até 1987, cando o cambio desta política veu co nomeamento de Michel Sabbah, o primeiro árabe palestino en ostentar o título.

A basílica do Santo Sepulcro foi designada como catedral do patriarcado latino. Porén, o patriarca latino só pode celebrar nela nos momentos e nos espazos asignados á comunidade franciscana da Custodia de Terra Santa polo Statu Quo, e en acordó con esta. O Statu Quo é un firmán otomán de 1852, aínda en vigor por efecto do Acordo Fundamental entre a Santa Sé e o Estado de Israel de 1993,[2] que asigna dereitos sobre o Santo Sepulcro ás diferentes Igrexas cristiás entón presentes: ademais dos católicos, estaban os apostólicos armenios, os ortodoxos coptos, os ortodoxos siríacos e os ortodoxos gregos, cuxo patriarca ten no centro da mesma basílica a súa propia cátedra e o Katholikon.

A cátedra do patriarca está situada na concatedral do Santísimo Nome de Xesús, igrexa nai da diocese, onde celebra normalmente; e a súa residencia está xunto á concatedral. O patriarca latino é membro de dereito do Consello dos Patriarcas católicos de Oriente e da Conferencia dos Bispos Latinos nas Rexións Árabes.

TerritorioEditar

O patriarcado ten xurisdición sobre todos os fieis latinos de Israel, Xordania, Chipre e dos territorios gobernados pola Autoridade Nacional Palestina. A arquidiocese está organizada en cinco vigarías:

O territorio está dividido en 66 parroquias.

EpiscopoloxioEditar

Patriarcas de XerusalénEditar

Patriarcas en San Xoán de AcreEditar

Logo da caída de Xerusalén en 1187 a sé patriarcal foi transferida a Tiro, e posteriormente, en 1191, a San Xoán de Acre. O patriarca volveu a Xerusalén en 1229, e novamente de volta a Acre en 1244. San Xoán de Acre xa tiña a súa propia diocese, mais as dúas sés foron unidas en 1261. Os patriarcas deste período foron os seguintes:

Patriarcas titularesEditar

Os patriarcas titulares logo da perda de San Xoán de Acre foron os seguintes:

Entre 1379 e 1418, co Gran Cisma de Occidente, houbo ao mesmo tempo varios patriarcas de Xerusalén.

Logo do Cisma, a liña sucesoria é a seguinte:

Patriarcas latinos de XerusalénEditar

 
O vicario patriarcal para Israel, o bispo franciscano Pier Giorgio Chiappero, e o Presidente de Israel Yitzhak Ben-Zvi, en 1959.

Notas e referenciasEditar

  1. Adrian J. Boas (2001). Routledge, ed. Jerusalem in the Time of the Crusades: Society, Landscape and Art in the Holy City Under Frankish Rule. p. 24. ISBN 9781134582723. 
  2. Fundamental Agreement between the Holy See and the State of Israel, (en inglés)