Lingua armenia
O armenio[2] (clásico: հայերէն; reformado: հայերեն, hayeren) é unha lingua indoeuropea falada polo pobo armenio. Ó igual que o grego, é o único representante do grupo homónimo das linguas indoeuropeas. É a lingua oficial de Armenia. Historicamente, foi falada no Planalto Armenio pero no presente tamén é falada pola diáspora armenia. Existe documentación nesta lingua desde o século V d.C., escrita nun alfabeto propio, creado no ano 405 por Mesrop Mashtots.
Armenio հայերեն | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [hɑjɛˈɾɛn] | |
Outros nomes: | hayeren | |
Falado en: | Armenia, Irán, Xeorxia | |
Rexións: | Planalto Armenio | |
Total de falantes: | 8 -12 millóns | |
Posición: | 87 | |
Familia: | Indoeuropea Protoarmenio Armenio clásico Armenio medio Armenio | |
Escrita: | Alfabeto armenio | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Armenia | |
Regulado por: | Instituto da Lingua (Academia Nacional de Ciencias de Armenia) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | hy
| |
ISO 639-2: | arm (B) | hye (T) |
ISO 639-3: | hye
| |
Mapa | ||
Status | ||
O armenio é unha póla independente das linguas indoeuropeas.[3] É suxeito de moito interese para os lingüistas polo seu distintivo desenvolvemento fonolóxico dentro da familia. O armenio amosa máis satemización que centumización, malia que non está clasificado dentro de ningún dos dous grupos. Algúns estudosos concluíron de xeito provisional que o armenio, o grego (Frixio), o albanés e as linguas indoiranias estaban dialectamente relacionadas unhas coas outras;[4][5][6][7] dentro desta hipótese de grupo dialectal, o protoarmenio atópase entre o protogrego (subgrupo centum) e o protoindoiranio (subgrupo satem).[8]
Armenia foi un país monolingüe entre o século II até o presente.[9] A súa lingua ten unha longa e rica historia literaria, cunha tradución da Biblia datada do século V como o seu texto supervivente máis antigo. O seu vocabulario foi influído polas linguas iranias occidentais, particularmente o parto, e en menor grao polo grego, o persa e o árabe ó longo da súa historia. Existen dúas formas literarias estandarizadas da lingua, a oriental e a occidental, que son mutuamente intelixiles.
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para armenio.
- ↑ Armenian language – Britannica Online Encyclopedia
- ↑ Handbook of Formal Languages (1997) p. 6.
- ↑ "Indo-European tree with Armeno-Aryan, exclusion of Greek". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2018. Consultado o 16 de marzo de 2017.
- ↑ Indo-European Language and Culture: An Introduction, Benjamin W. Fortson, John Wiley and Sons, 2009, p383.
- ↑ Hans J. Holm (2011): “Swadesh lists” of Albanian Revisited and Consequences for its position in the Indo-European Languages. The Journal of Indo-European Studies, Volume 39, Number 1&2.
- ↑ Hrach Martirosyan. The place of Armenian in the Indo-European language family: the relationship with Greek and Indo-Iranian. Journal of Language Relationship • Вопросы языкового родства • 10 (2013) • Pp. 85—137
- ↑ Strabo, Geographica, XI, 14, 5; Հայոց լեզվի համառոտ պատմություն, Ս. Ղ. Ղազարյան։ Երևան, 1981, էջ 33 (Concise History of Armenian Language, S. Gh. Ghazaryan. Yerevan, 1981, p. 33).
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua armenia |
Vexa no Galizionario as palabras en Armenio |
Bibliografía
editar- Adjarian, Herchyah H. (1909) Classification des dialectes arméniens, par H. Adjarian. París: Honoro Champion.
- Clackson, James. 1994. The Linguistic Relationship Between Armenian and Greek. Londres: Publications of the Philological Society, No 30. (e Oxford: Blackwell Publishing)
- Holst, Jan Henrik (2009) Armenische Studien. Wiesbaden: Harrassowitz.
- Mallory, J. P. (1989) In Search of the Indo-Europeans: Language, Archaeology and Myth. Londres: Thames & Hudson.
- Vaux, Bert. 1998. The Phonology of Armenian. Oxford: Clarendon Press.
- Vaux, Bert. 2002. "The Armenian dialect of Jerusalem." in Armenians in the Holy Land. "Louvain: Peters.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Recursos da lingua armeniaArquivado 24 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
- O alfabeto armenio
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |