San Mesrop Mashtots (tamén Mesrob), nado en Hatsik no ano 360 e finado en Vagharshapat o 17 de febreiro de 440, foi un monxe, teólogo e lingüista armenio. É coñecido por ser o inventor do alfabeto armenio, que foi un paso fundamental para o fortalecemento da Igrexa Apostólica Armenia, o goberno do Reino de Armenia, e para a unión entre falantes da lingua armenia dos Reinos Armenio, Bizantino e Persa. É honrado pola Igrexa Arménica Apostólica, pola Arménica Católica e pola Católica Romana. Foi tamén compositor de música litúrxica, sendo algúns traballos que se lle atribuen: Megha Qez Ter, Voghormea indz Astvats, Ankanim Aadgi Qo e Voghormea (himnos de arrepentimento).

Infotaula de personaMesrop Mashtots

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hy) Մեսրոպ Մաշտոց Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 362 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Sürügüden Editar o valor em Wikidata
Morte17 de febreiro de 440 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Vagharshapat Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTomb of Mesrop Mashtots (en) Traducir 40°15′30″N 44°18′54″L / 40.258231, 44.314953 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Armenia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo armenio Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa Apostólica Armenia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística e tradución Editar o valor em Wikidata
Ocupacióntradutor , lingüista , tradutor da Biblia Editar o valor em Wikidata
Período de tempoReino de Armenia Editar o valor em Wikidata
AlumnosGorune (pt) Traducir, Yeznik of Kolb (en) Traducir e José I de Holotsim (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua armenia, lingua grega, lingua persa e Lingua siríaca Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa17 de febreiro Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoAnania Syunetsi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: e56c04d9-ad17-4099-8dc6-8fd137e68c06 IMSLP: Category:Mesrop Editar o valor em Wikidata

Vida editar

Mesrob Mashtots naceu en Taron[1] e morreu en Vagharshapat. Koryun, o seu pupilo e biógrafo, conta que Mesrob recibiu unha educación liberal, e foi versado nos idiomas grego, siríaco e persa. Debido á súa "piedade e aprendizaxe" Mesrob foi nomeado secretario do rei Cosroes III. O seu deber era escribir en grego, persa e sirio os decretos e edictos do soberano.

Mais Mesrop deixa posteriormente a vida na corte para adicarse á relixión, tomou os hábitos, e retirouse a un mosteiro cuns poucos compañeiros elixidos. Alí, de acordo a Koryun, someteuse a grandes austeridades, soportando a fame e a sede, o frío e a pobreza. Vivía de vexetais, vestía só un cilicio, durmía no chan, e a miúdo pasaba noites enteiras orando e estudando a Biblia. Continuou con este réxime de vida por uns poucos anos.

Armenia foi durante longo tempo campo de batalla entre romanos e persas, perdendo a súa independencia no ano 387 e sendo dividida entre o Imperio bizantino e a propia Persia, quedando catro quintos do seu territorio dentro dos novos límites persas. O oeste de Armenia foi entón gobernado por xenerais bizantinos, mentres que un rei armenio gobernaba como un súbdito do territorio armenio de Persia. A Igrexa viuse influída por estas políticas, aínda que a perda da independencia civil e a división do terreo non puideron destruír a súa organización. A persecución relixiosa produciu unha maior actividade, e tivo como efecto o producir unha unión do clero, os nobres e o pobo. Os principais eventos deste período son a invención do alfabeto armenio, a revisión da liturxia, a creación dunha literatura nacional e eclesiástica e o reaxuste das relacións xerárquicas. Tres homes están asociados con ese traballo: Isaac de Armenia, o Rei Vramshapuh, que sucedeu ao seu irmán Cosroes III en 394, e Mesrop Mashtots.

 
Ilustración de Mesrop Mashtots nun manuscrito de 1776.

No caso de Mesrop Mashtots, co apoio do príncipe Shampith, adicouse a predicar os Evanxeos no distrito de Golthn preto do río Araxes, convertendo a moitos "herexes" e "pagáns". Con todo, pasou grandes dificultades xa que os armenios non tiñan alfabeto propio: utilizaban as escrituras grega, persa e siria, mais ningunha era adecuada para representar correctamente os numerosos sons da súa lingua nativa. Consideraba que os textos sagrados e a liturxia, escritas en sirio, resultaban para moitos ilexibles, polo que había unha constante necesidade de tradutores e intérpretes.

Desexoso de corrixir a situación, Mesrop decidiu inventar un alfabeto nacional, para o cal o rei Vramshapuh e Isaac prometeron asistilo. Resulta difícil determinar exactamente que rol tivo Mesrop Mashtots na creación do novo alfabeto. De acordo cos seus biógrafos armenios, consultou a Daniel, un bispo de Mesopotamia, e a Rufinus, un monxe de Samosata e coa súa axuda puido darlle unha forma definitiva, que probablemente adaptou do grego. Outros, como Lenormant, pensan que foi derivado do Zend. O alfabeto de Mesrob consiste en trinta e seis letras, outras dúas (o O longo e o F) foron agregadas durante o século XII.

Ansiando que outros se beneficiasen do seu invento, e incentivado polo patriarca e o rei, Mesrob Mashtots fundou numerosas escolas en diferentes partes do país onde os mozos aprendían o novo alfabeto. Mais a súa actuación non estivo confinada só á Armenia oriental. Provisto de cartas de Isaac, foi a Constantinopla e obtivo permiso do emperador Teodosio o Mozo para predicar e ensinar nas súas posesións armenias. Mesrob evanxelizou sucesivamente aos Gregorianos e aos Albanos (Aghouanghks), adaptando o alfabeto aos seus idiomas e, construíndo nos sitios onde predicaba escolas seleccionando a mestres e sacerdotes para que continuasen o seu labor. Regresando a Armenia Oriental para reportar os resultados das súas misións ao patriarca, pensou por primeira vez en prover aos seus compatriotas de literatura relixiosa. Xuntou numerosos discípulos e enviou algúns a Edessa, Constantinopla, Atenas, Antioquía, Alexandría, e outros centros de aprendizaxe a estudar o idioma grego e traer de regreso pezas mestras da súa literatura. Algúns dos seus máis famosos discípulos foron Xoán de Egheghiatz, Xosé de Baghin, Yeznik, Koryun, Moisés de Chorene ou Xoán Mandakuni.

O alfabeto armenio editar

Artigo principal: Alfabeto armenio.
 
Versos de Mesrop Mashtots.
Véxase tamén: Lingua armenia.

A invención do alfabeto no ano 406 determinou o comezo da literatura armenia,[2] e probou ser un factor poderoso na formación dun espírito nacionalista. "O resultado do traballo de Mesrob e Isaac", di San Martiño, "foi separar para sempre ao pobo armenio doutros pobos do leste, para convertelos nunha nación propia, e para fortalecer neles a fe cristiá prohibindo o uso de alfabetos estranxeiros profanos que eran utilizados para transcribir os libros pagáns dos seguidores de Zoroastro (tamén chamado Zaratustra). A Mesrob debémoslle a preservación da linguaxe e a literatura armenias; porque sen o seu traballo, o seu pobo sería absorbido polos persas e sirios, e desaparecería como moitas outras nacións do leste".

A primeira grande obra da literatura armenia foi a versión da Biblia. Isaac, segundo Mosiés de Chorene, realizou unha tradución da Biblia dun texto sirio cara ao ano 411. Este traballo debeu ser considerado imperfecto, xa que pouco despois Xoán de Egheghiatz e Xosé de Baghin foron enviados a Edessa para traducila. Chegaron até Constantinopla e regresaron con copias da versión grega. Coa axuda doutras copias obtidas de Alexandría, a Biblia foi traducida, novamente do grego, de acordo co texto da versión do Setenta e a "Hexapla" de Orixes. Esta versión, actualmente en uso na igrexa armenia, foi completada ao redor do ano 434.

Os decretos dos tres primeiros concilios (Nicea, Constantinopla e Éfeso) e a liturxia nacional (até ese entón escrita en sirio) tamén foi traducida ao armenio, sendo a última revisada segundo a liturxia de San Basilio, aínda que retendo algunhas características propias. Moitas obras dos Pais Gregos tamén foron traducidas. A perda dos orixinais gregos deu especial importancia a algunhas destas versións; así, a segunda parte das Crónicas de Eusebio, das que só se conservan algúns fragmentos en grego, consérvase íntegro en armenio. Mesrop volveu visitar os sitios que había evanxelizado e, despois da morte de Isaac no ano 440, encargouse da administración espiritual do patriarcado. Sobreviviu ao seu mestre e amigo só seis meses. Os armenios len o seu nome no Canon da Misa, e celebran a súa memoria o 19 de febreiro. San Mesrop está soterrado en Oshakan, unha vila a 8 km do suroeste de Ashtarak.

Notas editar

  1. The Life of Mashtots, translation into Russian and intro by Sh.V.Smbatyan and K.A.Melik-Oghajanyan, Moscow, 1962.
  2. [Histoire du Bas-Empire de Lebeau, V, 320]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar