Título nobiliario
Un título nobiliario é un privilexio legal concedido dende antigo que distingue os membros da nobreza.
Características
editarOs privilexios outorgados pola nobreza son hoxe case exclusivamente protocolarios, mais durante a Idade Media constituíron a base do sistema feudal, organizando a posesión da terra e as relacións de vasalaxe. Hoxe sobreviven unicamente nos países de réxime monárquico: Andorra, Bélxica, Dinamarca, España, Gran Bretaña, Liechtenstein, Luxemburgo, Mónaco, Noruega, Países Baixos e Suecia, na Santa Sé e na República de San Marino.
Os títulos nobiliarios teñen, na súa meirande parte, carácter hereditario, a sucesión recae no fillo ou filla primoxénito do anterior posuidor e o seu uso esténdese aos consortes lexítimos. Na maioría dos países que manteñen unha lexislación nobiliaria en vigor, como España ou Gran Bretaña os títulos non poden ser obxecto de transaccións comerciais e o seu uso indebido ou usurpación están penalizados pola Lei.
Xerarquía
editarListaxe coa xerarquía dos títulos nobiliarios:
- Emperador (káiser, césar, tsar)
- Rei
- Rexente
- Príncipe monarca
- Príncipe imperial
- Príncipe real
- Gran príncipe
- Príncipe
- Knez
- Infante
- Arquiduque
- Gran duque
- Duque (de maior importancia no caso de pertencer á Familia Real)
- Conde duque (título español atribuído aos condes de Olivares e aos duques de Sanlúcar la Mayor)
- Marqués
- Conde
- Conde barón (título portugués do século XIX, atribuído aos condes e baróns de Alvito)
- Vizconde
- Barón
- Señor
- Baronete
- Cabaleiro e Chevalier
- Escudeiro