Raymond Aron
Raymond Aron, nado en París en 1905 e finado en 1983, foi un filósofo e xornalista francés.
Raymond Aron | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Raymond Claude Ferdinand Aron |
Nacemento | 14 de marzo de 1905 |
Lugar de nacemento | París e 6.º arrondissement de Paris |
Falecemento | 17 de outubro de 1983 |
Lugar de falecemento | París e 4.º arrondissement de Paris |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Cemiterio de Montparnasse |
Nacionalidade | Francia |
Etnia | Pobo francés |
Alma máter | École Normale Supérieure, Instituto de Estudos Políticos de París, Universidade de París, Lycée Condorcet e Lycée Hoche |
Ocupación | Xornalista, filósofo, escritor, científico político, sociólogo, profesor e economista. |
Pai | Gustave Aron |
Cónxuxe | Suzanne Aron |
Fillos | Dominique Schnapper |
Irmáns | Adrien Aron |
Premios | Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Premio Erasmus, Prêmio Goethe e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria Editar
Fillo dun avogado xudeu, en 1930, Aron doutorouse en filosofía da historia. Ao comezar a segunda guerra mundial deixa o seu posto de profesor na Universidade de Tolosa e entra na forza aérea, despois da rendición de Francia, marcha a Londres para se unir ás forzas da Francia Libre, entre 1940 e 1944 editou o seu xornal France Libre. Despois da guerra volveu a Francia para ensinar socioloxía na École Nationale d'Administration. Entre 1955 e 1968 ensinou na Sorbona, e logo de 1970 no Collège de France. Como xornalista dende 1947 escribe artigos en Le Figaro e dende 1977 en l'Express escribe unha columna sobre a situación política ata a súa morte.
En 1983 foi galardoado co Premio Erasmus.[1]
Obra Editar
Notas Editar
- ↑ Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2015.