Abrir o menú principal

A Forza Aérea de Francia (francés: Armée de l'Air Française) é a Forza Aérea das forzas armadas francesas. Creouse no ano 1909 como o Service Aéronautique, unha rama do Exército de Francia, e converteuse nunha rama independente en 1934. Segundo a Ministerio de Defensa francés a Forza Aérea tiña 658 aeronaves en 2014.[1] A Forza Aérea de Francia ten 247 avións de combate: 137 Dassault Mirage 2000 e 110 Dassault Rafale. A principios de 2017 empregaba a 41 160 persoas. A súa reserva está formada por 5 187 persoas.[2]

Forza Aérea de Francia
Armée de l'Air
Logo of the French Air Force (Armee de l'Air).svg
Activa2 de xullo de 1934
PaísFlag of France.svg Francia
TipoForza Aérea
Papelguerra aérea
Lema(s)Faire face
Páxina webhttps://www.defense.gouv.fr/air
Insignias
InsigniaRoundel of France.svg

O xefe de Estado Maior da Forza Aérea Francesa (CEMAA) é un subordinado directo do Xefe do Persoal de Defensa (CEMA).

NotasEditar

  1. "Annuaire statistique de la défense 2013-2014" (PDF). Ministère de la Défense. Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  2. "Key defence figures 2014" (PDF). Ministère des Armées. Consultado o 11 de novembro de 2018.