Wilhelm Dilthey

Filósofo alemán, pai do historicismo filosófico

Wilhelm Dilthey, nado en Biebrich o 19 de novembro de 1833 e finado en Seis am Schlern o 1 de outubro de 1911 foi un filósofo alemán, pai do historicismo filosófico.

Wilhelm Dilthey
Dilthey1-4.jpg
Nome completoWilhelm Christian Ludwig Dilthey
Nacemento19 de novembro de 1833
Lugar de nacementoBiebrich
Falecemento1 de outubro de 1911
Lugar de falecementoSeis am Schlern
NacionalidadeAlemaña
Relixiónigreja evangélica
Alma máterUniversidade de Heidelberg e Universidade Humboldt de Berlín
Ocupaciónfilósofo, historiador, psicólogo, teólogo, pedagogo, sociólogo, profesor universitario, crítico literario e mestre
CónxuxeKatharina Dilthey
FillosClara Misch
IrmánsKarl Dilthey, Lilly Usener e Marie Dilthey
PremiosOrde do Mérito das Ciencias e as Artes
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou en Heidelberg e Berlín. Foi profesor en Basilea, Kiel, Breslau e Berlín.

PensamentoEditar

Reciprocidade entre historia e vidaEditar

Integra na evolución histórica a comprensión da vida. O concepto de vida humana é central no seu pensamento. A filosofía non é unha esixencia simplemente intelectual senón vital. A filosofía ten que abranguer os problemas da vida que son experimentados a través da historia. Aínda que xa Hegel potenciara a dimensión histórica da razón esta, na súa filosofía, seguía sendo un despregue da idea e polo tanto fundamentalmente unha razón lóxica afastada da vida como historia.

A vida ten unha dimensión representativa mediante a que obtemos un coñecemento científico, unha imaxe obxectiva do mundo, unha dimensión afectiva que fundamentan as valoracións; e unha dimensión volitiva, os principios de acción. Na unidade destas dimensións se leva a cabo a vivencia.

Debe superarse a relatividade histórica e o subsecuente escepticismo así como o saber pechado e rigoroso (a metafísica). Precísase unha idea xeral da totalidade a través das concepcións do mundo. Estas, máis que da vontade de coñecer, nacen das actitudes vitais. A metafísica é inevitable en canto que necesitamos poñer orde e orientarnos no medio dos enigmas da vida, pero a metafísica é unha tarefa aberta.

As ciencias do espíritoEditar

Dilthey busca un fundamento gnoseolóxico ás ciencias do espírito, os límites dentro dos cales é posible en cada unha delas o coñecemento. A solución a esta tarefa a denomina como Crítica da razón histórica, en paralelo á crítica da razón pura de Inmanuel Kant.

Dilthey trata de responder a como é posible delimitar as ciencias naturais con respecto as ciencias culturais. Estas últimas fundaméntanse na vivencia mesma, na súa expresión e na súa comprensión. Os xuízos, conceptos e coñecementos das ciencias do espírito teñen como alicerce a vivencia. A raíz última da concepción do mundo é a vida, unha vida que é revivida de novo en cada individuo e aínda que se subtrae á observación, como mero momento que é do presente, é retida, porén, no eco da lembranza e, por outra banda, pode ser abranguida en toda a súa fondura por medio da comprensión e da interpretación. Só a partir da vida humana se poderán comprender fundadamente as súas diferentes manifestacións culturais, o sentido da historia e a necesidade e os problemas da filosofía.

As ciencias do espírito parten da conexión psíquica dada na experiencia interna e teñen como obxecto o home na súa totalidade. O coñecemento da realidade histórico-social lévase a cabo nas ciencias do espírito.

ObrasEditar

  • Einleitung in die Geitesswissenschaften(1883)
  • Der Aufbau der geschichtlisen Welt in den Geistesswissenschaften (1910)