Basilea

cidade suíza

Basilea[1] (alemán: Basel ['ba:zəl]; francés: Bâle [bɑl]; italiano: Basilea [bazi'leːa]) é a terceira cidade máis poboada de Suíza despois de Zürich e Xenebra. No ano 2017 tiña 176 117 habitantes[2] e 537 100 habitantes[3] na conurbación, que se espalla aínda polos cantóns veciños.

Modelo:Xeografía políticaBasilea
Basel (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°33′38″N 7°35′26″L / 47.5606, 7.5906
Estado federadoSuíza
CantónsBasilea-Cidade Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación173.552 (2022) Editar o valor en Wikidata (7.276,81 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie23,85 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Rin e Birs Editar o valor en Wikidata
Altitude260 m-247 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoBeat Jans (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal4000, 4001, 4002, 4005, 4009, 4010, 4018, 4019, 4020, 4030, 4031, 4040, 4051, 4052, 4053, 4054, 4055, 4056, 4057, 4058, 4059, 4070, 4075 e 4091 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico061 Editar o valor en Wikidata
Código de municipio suízo2701 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Van
Miami Beach (pt) Traducir
Shanghai (2007–) Editar o valor en Wikidata
Lugar do Patrimonio suízo
IdentificadorISOS 1440

Páxina webbs.ch Editar o valor en Wikidata
Facebook: Rathaus.Basel Twitter: baselstadt Instagram: kantonbaselstadt BNE: XX453035 Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Situada ao Noroeste de Suíza, sobre o río Rin e fronteiriza con Alemaña e Francia, Basilea é un centro industrial de importancia pola súa industria química e farmacéutica. A rexión de Basilea, que culturalmente se estende ata Baden-Württemberg (Alemaña) e cara a Alsacia (Francia), reflicte a herdanza dos tres Estados, no nome moderno que ostenta en latín: Regio TriRhena. Dispón da universidade máis antiga da Confederación Helvética (1460).

Historia

editar

As orixes de Basilea remontan ao asentamento romano de Augusta Raurica, aínda que se teñen descuberto asentamentos celtas máis antigos. A posición estratéxica da cidade, coa única ponte sobre o Rin entre o lago Constanza e o mar, afirmou a súa importancia. A partir de 999 a cidade foi gobernada por bispos-príncipes baixo o dominio nominal do emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. En 1225-1226 o bispo Heinrich von Thun construíu unha ponte sobre o Rin, fundándose o barrio de Kleinbasel (Pequena Basilea) como protección da nova ponte.

A cidade rexistrou unha importante actividade bibliográfica no século XVI, sendo nela onde se publicaron o libro de Xoán Calvino Christianae religionis institutio, no cal expón a súa doutrina relixiosa, e o primeiro libro de anatomía humana, De humani corporis fabrica, cuxo autor foi Andreas Vesalius.

En 1792 proclamouse a República de Rauracia en terreos do Macizo do Xura, abranguendo a cidade. A existencia desta brevísima república, de tan só tres meses de vida, cómpre enmarcala no proceso de creación de estados satélites de Francia, todos eles cativos e de curta duración, que se deu en territorios veciños ao país galo no transcurso da Revolución Francesa.

Cultura

editar
 
Messezentrum Basel

Deporte

editar

Basilea ten en Suíza unha reputación de cidade deportiva. O FC Basel é un dos mellores equipos do campionato suízo de fútbol nos últimos anos. No estadio do FC Basel, St. Jakob-Park, realizouse a cerimonia de apertura da Eurocopa 2008, así como tres partidos da primeira rolda, dous de cuartos de final e un de semifinal.

O equipo profesional de baloncesto de Basilea, os Starwings, é o único equipo da Suíza alemá que participa na Liga de primeira división suíza (LNBA), e en 2010 coroouse campión da Copa de Suíza.

O maior evento indoor de tenis do país celébrase en Basilea cada mes de outubro: o Davidoff Swiss Indoors reúne aos mellores tenistas do ATP.

A Asociación Internacional de Balonmán ten a súa sede en Basilea. A UEFA fundouse o 15 de xuño de 1954 en Basilea. O campionato europeo de Skateboard (European Skateboard Championships) ten lugar anualmente en Basilea.

Lugares de interese

editar
 
A Basel Münster de noite.
  • Basel Münster. Orixinariamente unha catedral católica e hoxe en día unha igrexa protestante, foi erguida entre 1019 e 1500 en estilos románico e gótico. O vello edificio románico foi destruído en 1356 por un sismo e reconstruído posteriormente. No seu interior encontranse enterrados Erasmo de Rotterdam e Jakob Bernoulli, entre outros.
  • Antikenmuseum Basel und Sammlung Ludwig, o Museo de Arte Antiga de Basilea e Colección Ludwig. Está adicado en exclusiva á arte de civilizacións antigas dende o cuarto milenio antes de Cristo ata o século VII d C. É o único deste tipo en Suíza e amosa pezas da rexión mediterránea.
  • Historisches Museum Basel, o Museo de Historia de Basilea. Aberto en 1894, acolle a colección de pezas máis completa que existe da historia das civilizacións do Alto Rin, proxectándose dende a Idade Media ata o Barroco, entre as que salientan as que conforman o legado de Erasmo de Rotterdam. Está situado na antiga igrexa Barfüsserkirche de Basilea.
  • Kunstmuseum Basel, museo de arte de Basilea, conta cunha exposición permanente con pezas dende a idade media ata a actualidade.
  • Fundación Beyeler, museo deseñado por Renzo Piano, contén a colección de arte de Hildy e Ernst Beyeler. Móstranse arredor de 200 obras de arte de pintores coma Degas, Monet, Cézanne, Van Gogh, Picasso, Warhol, Lichtenstein ou Bacon.
  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome basiliano
  2. "Documento MS Excel – T01.0.01 - Bevölkerungsstand". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 9 de xullo de 2017. 
  3. Federal Statistical Office (ed.). "Bevölkerung". Consultado o 9 de xullo de 2017. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar