Basilea-Cidade

cantón de Suíza

Basilea-Cidade (en alemán: Basel-Stadt, en francés: Bâle-Ville, en italiano: Basilea Città, en romanche: Basilea-Citad) é un semicantón de Suíza, localizado no norte do país, facendo fronteira con Alemaña e Francia. Está composto polos concellos de Bettingen, Riehen e Basilea, sendo este último a súa capital. Dos 26 cantóns de Suíza, o de Basilea-Cidade é o máis pequeno en superficie.

Modelo:Xeografía políticaBasilea-Cidade
Imaxe

EpónimoBasilea Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°34′N 7°36′L / 47.57, 7.6
Estado federadoSuíza Editar o valor en Wikidata
CapitalBasilea Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Escindido deBasilea-Campo Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación200.973 (2021) Editar o valor en Wikidata (5.439,05 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie36,95 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude260 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoSt. Chrischona (en) Traducir (522,19 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Rin (244,75 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1833 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoGrand Council of Basel-Stadt (en) Traducir , (Escano: 100) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2CH-BS Editar o valor en Wikidata
Código NUTSCH031 Editar o valor en Wikidata

Páxina webbs.ch Editar o valor en Wikidata
Facebook: Rathaus.Basel Twitter: BaselStadt Instagram: kantonbaselstadt Youtube: UC-WGQ7XCi6hXxhLBlQEWHew Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

O cantón de Basilea-Cidade foi creado cando o histótico cantón de Basilea foi dividido en 1833 por mor de disputas políticas e un conflito armado relacionados cos dereitos da poboación sobre as terras de cultivo. Isto levou á separación do cantón Basilea-Campo da cidade de Basilea o 26 de agosto de 1833. Dende entón, existe un movemento a prol da reunificación que acadou forza especialmente a partir do ano 1900, cando moitas áreas de Basilea-Campo se industrializaron. Os dous semicantóns acordaron reunirse, mais nas votacións que se realizaron en 1969 e novamente en 2014, a xente de Basilea-Campo votou en contra.

Política

editar

Basilea-Cidade é un semicantón, o que supón que só pode enviar un representante ao Consello dos Estados. A constitución do cantón data de 1889 e o seu parlamento é o Gran Consello, que posúe 100 membros elixidos por un período de 4 anos. Hai oito partidos políticos diferentes representados no parlamento, dos que o Partido Socialista Suízo é o que posúe maior número de cadeiras, 32 (ano 2015).

O poder executivo do cantón (ou Regierungsrat) componse de sete membros. En 2006 había cinco partidos diferentes con representación no executivo.

Demografía

editar

A poboación do cantón era de 198 290 habitantes o 31 de xaneiro de 2017.[1] En 2007, había 56 106 estranxeiros que facían o 30.29% da poboación total.[2] Segundo datos do ano 2000, o 25% dos habitantes eran católicos e o 27% protestantes. Arredor do 10% pertencía a outras relixións e o 36% non pertencía a ningunha relixión organizada.[3]

Nacionalidades[4] 1990 2000 2010
  Suíza 77.52 % 72.44 % 67.36 %
  Alemaña 2.60 % 3.27 % 7.58 %
  Italia 6.42 % 5.44 % 4.18 %
  Turquía 3.27 % 4.38 % 3.56 %
  Iugoslavia 2.79 % 3.13 %
  Serbia
  Montenegro
  Kosovo
2.46 %
  España 2.78 % 2.16 % 1.52 %
  Portugal 0.42 % 0.79 % 1.35 %
  Macedonia do Norte 1.12 % 1.17 %
  Reino Unido 0.35 % 0.48 % 0.96 %
  Francia 0.59 % 0.54 % 0.76 %
  India 0.12 % 0.17 % 0.65 %
  Estados Unidos 0.25 % 0.31 % 0.63 %
  Austria 0.45 % 0.45 % 0.58 %
  Croacia 0.81 % 0.54 %
  Sri Lanka 0.30 % 0.63 % 0.49 %
  Bosnia e Hercegovina 0.68 % 0.41 %
  Países Baixos 0.18 % 0.21 % 0.32 %
  1. "Documento MS Excel – T01.0.01 - Bevölkerungsstand". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 9 de xullo de 2017. 
  2. Federal Department of Statistics, ed. (2008). "Ständige Wohnbevölkerung nach Staatsangehörigkeit, Geschlecht und Kantonen". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2008. Consultado o 7 de xullo de 2017. 
  3. Federal Department of Statistics, ed. (2004). "Wohnbevölkerung nach Religion". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2008. Consultado o 9 de xullo de 2017. 
  4. "Wohnbevölkerung des Kantons Basel-Stadt nach Staat seit 1990". Archived from the original on 17 de decembro de 2012. Consultado o 9 de xullo de 2017. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.