Renzo Piano
Renzo Piano, nado en Xénova o 14 de setembro de 1937, é un arquitecto italiano de fama e recoñecemento internacional.
Renzo Piano | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de setembro de 1937 |
Lugar de nacemento | Xénova |
Nacionalidade | Italia |
Alma máter | Universidade Politécnica de Milán |
Ocupación | arquitecto e político |
Coñecido por | Shard London Bridge, Aeroporto Internacional de Kansai, Estádio San Nicola, Grattacielo Intesa Sanpaolo, Vulcano Buono, Morgan Library & Museum, Centro Georges Pompidou, California Academy of Sciences, Pinacoteca Giovanni e Marella Agnelli, Centro Botín e FDP |
Premios | Oficial da Lexión de Honra, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, Gold Medal of the Italian Order of Merit for Culture and Art, Medalla de Ouro do RIBA, Prix de l'Équerre d'Argent, Premio Pritzker, Premio Erasmus, Praemium Imperiale, Medalla de Ouro do AIA, Kyoto Prize in Arts and Philosophy, Berliner Kunstpreis, honorary doctorate from Columbia University, Gran Cruz de Afonso X o Sabio, Golden Lion, Premios Kyoto, Auguste Perret Prize, Gold Medal for Italian Architecture e Prix de l'Équerre d'Argent |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |


TraxectoriaEditar
Foi alumno e posteriormente mestre na Escola Politécnica de Milán. Dende 1965 ata 1970 traballou con Louis Kahn e con Makowsky. Tamén traballou xunto a Richard Rogers dende 1971 ata 1977, sendo o seu proxecto máis famoso o Centro Georges Pompidou en París no ano 1977. Mantén a súa casa e oficina de traballo na súa cidade natal.
Deseñou o Menil Collection Museum en Houston no 1986, un dos proxectos de enxeñería máis extraordinarios do século vinte no Aeroporto Internacional de Kansai, en Osaca (1988), e a reconstrución da Daimler-Benz en Berlín, Alemaña. No ano 2002 rematou o Auditorio de Música estado-da-arte en Roma. No 2003 remátase a Igrexa do Pai Pio Pelegrino en San Giovanni Rotondo. Deseñou tamén un museo en Berna dedicado ao pintor suízo Paul Klee. Piano ten deseñado tamén estadios, pontes e automóbiles. Un dos deus proxectos máis novos é o rañaceos Torre da Ponte de Londres.
No ano 1995 foi galardoado co Premio Erasmus.[1]
Gañou o Premio Pritzker no ano 1998 e foi nomeado Embaixador de Boa Vontade pola UNESCO.
Principais proxectosEditar
- Centro Georges Pompidou (con Richard Rogers), París, Francia (1971 - 1977)
- Aeroporto Internacional de Kansai, Osaca, Xapón (1990 - 1994)
- Centro Cultural Jean-Marie Tjibaou, Noumea, Nova Caledonia, Francia (1991 - 1998)
- Museo da Fundación Beyeler, Basilea, Suíza (1992 - 1997)
- Los Angeles County Museum of Art, Os Ánxeles, Estados Unidos (2004 - )
- Centro Botín, Santander, España (2012 - 2017)
- Stavros Niarchos Foundation Cultural Center, Atenas, Grecia (2012 - 2016)
NotasEditar
- ↑ Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2015.