Abrir o menú principal

Xoán Calvino[1], nado en Noyon (Picardía) o 10 de xullo de 1509 e finado en Xenebra o 27 de maio do 1564, foi un dos principais reformadores e teólogos da reforma protestante. O seu pensamento relixioso inaugurou unha das correntes máis importantes do protestantismo, o calvinismo, ademais de ser en menor ou maior grao unha influencia na teoloxía evanxélica.

Jean Calvin
Portrait john calvin (flipped).jpg
Nome completoJehan Cauvin
Nacemento10 de xullo de 1509
 Noyon
Falecemento27 de maio de 1564
 Xenebra
Causasepse
SoterradoCemiterio dos Reis
NacionalidadeFrancia e Republic of Geneva
Alma máterCollège de la Marche, Collège Montaigu, University of Orléans, Universidade de Bourges e Old University of Orléans
Ocupaciónteólogo, ministro, escritor, reformador protestante, pastor e avogado
PaiGérard Cauvin
CónxuxeIdelette de Bure
John Calvin signature.png
editar datos en Wikidata ]
Xoán Calvino.

Índice

TraxectoriaEditar

Nun primeiro momento Calvino realizou estudos eclesiásticos no College de la Marche e no College de Montaigne, e máis tarde seguindo os desexos do seu pai estudou Dereito e Humanidades na Universidade de París doutorándose en Orleáns no 1532 á idade de 23 anos. Na universidade Calvino entrou en contacto coas obras de Erasmo, Lutero e outros pensadores heterodoxos, ademais de participar no ambiente cada vez máis crítico e reformador que respiraron as universidades de comezos do século XVI, situación que o levou dende cedo a unha rotura coa Igrexa católica e un pensamento teolóxico protestante. Por mor da súa posición relixiosa evanxélica abandonará a Universidade (no 1535) e adicarase a viaxar por toda Francia participando en disertacións, estudando e escribindo, non sen atopar certa resistencia das autoridades eclesiásticas das que se ve obrigado a agocharse. No 1536 publicará o seu primeiro esbozo da "Institución da Relixión Cristiana[2]" no que compendia as bases da fe cristiá e polemiza contra o que consideraba falsas doutrinas e abusos da Igrexa Católica.

Primeira etapa na reforma suízaEditar

A fama de Calvino, especialmente pola súa erudición e labor teolóxica, motivou a invitación feita polo reformador Gillaume Farel á cidade de Xenebra para que o axudase no seu labor. Calvino e Farel pese a que comezan a seu traballo evanxelizador dentro e fóra da cidade con relativo éxito, acabarán por chocar nun punto decisivo coas autoridades xenebrinas ao intentar reforzar o dereito canónico da nova igrexa, en concreto a posibilidade de excomungar a aqueles fieis que non tiveran unha vida recta e ordenada. As autoridades viron nesta pretensión unha nova forma de autoridade moral represiva que non lles ofrecía ningunha diferenza coas prácticas católicas romanas. Calvino e Farel resistíronse ata que as autoridades os expulsaron no 1538.

Etapa en EstrasburgoEditar

Calvino e Farel exílianse en Basilea e sepáranse ó pouco tempo, Farel irá á cidade de Neuchatel e Calvino á de Estrasburgo onde atenderá unha igrexa e na que vivirá un período de estudo no que aumenta a súa obra principal, Institución da Relixión Cristiá, e escribe un himnario e comentarios bíblicos. Tamén será alí onde coñeza e case coa súa única muller Idelette de Bure, ambos terán un fillo que non os sobrevirá, a súa muller morrerá no 1549.

Etapa final na reforma suízaEditar

A cidade de Xenebra ante os graves problemas relixiosos os que se enfrontaba volveu invitar a Calvino no 1541, quen a desgusto accedeu e de volta retomou o seu labor evanxelizador con éxito. Tamén participou na política da cidade axudando na redacción da constitución e no goberno, aínda que sen ningún cargo (non obtivo a nacionalidade ata o 1559, cinco anos antes de morrer), axudou no establecemento dunha rede de escolas locais e unha academia en Xenebra da que Teodoro de Beza converterase no seu reitor (e en certo modo no seu continuador)

A cidade de Xenebra en pouco tempo converterase nun centro de recepción de estudantes e exiliados protestantes quen en numerosos casos volverán a súa patria ou a marcharán a outras partes do mundo predicando e formando igrexas que estenderán a doutrina protestante de Calvino, principalmente franceses, escoceses e holandeses (países nos cales o calvinismo foi dominante)

A reforma de Calvino tamén nesta segunda etapa atopará certa resistencia, principalmente por mor da estrita moral imposta tanto dende o púlpito como polas leis da cidade. A historiografía tradicional considera que a reforma relixiosa en Xenebra afectou tanto ás decisións do goberno que este rematou por converterse nunha especie de teocracia protestante. Aínda que Calvino non tivo un poder recoñecido no goberno o seu pensamento rigoroso en materia moral influíu decisivamente no poder político nunha época na que o relixioso e o civil atopábanse moi vinculados. Un caso práctico desta realidade será a execución de Miguel Servet polas autoridades xenebrinas acusado de herexía e de blasfemia.

O CalvinismoEditar

 
Institución da Relixión Cristiá, edición de 1559.

A principal obra que recolle o pensamento de Calvino, a Institución da Relixión Cristiá, será considerada pola meirande parte dos protestantes como a obra máis completa e sistemática da fe evanxélica dos primeiros reformadores. Calvino manexa no seu labor teolóxico un gran dominio e coñecemento tanto da Biblia como da Patrística que son a súas principais fontes. O seu estilo literario é considerado como culto, elegante a vez que mordaz e sagaz, o que sen dúbida achegou unha grande axuda na apoloxética protestante.

A soteroloxía calvinistaEditar

O pensamento de Calvino xira contorno a idea da absoluta soberanía de Deus e a depravación total do ser humano. Dentro do pensamento protestante o calvinismo enfatiza a importancia da graza, como único modo de alcanzar a salvación ó estar o home privado (polo pecado orixinal) de calquera forma propia de salvarse, é dicir, o home polos seus esforzos ou obras non pode salvarse. Deste xeito a salvación queda só nas mans de Deus quen é o que decide quen se salva e quen non (aínda que non condena posto que o home é culpable por si mesmo do pecado), esta elección de Deus é anterior a historia (predestinación). Esta postura extrema chocará coa doutrina católica romana e doutras ramas protestantes que sen negar que só a graza de Deus salva cren que o home coopera dalgún modo na súa propia salvación, de modo que Deus non decide quen se condena apesares de que sen a graza de Deus ninguén se salva.

En xeral a doutrina calvinista neste punto é un extremo da doutrina luterana da salvación solo por fe (a fe é considerada no cristianismo solo como graza de Deus) e do pensamento agustino sobre a predestinación.

Os sacramentos no calvinismoEditar

Para Calvino só hai dous sacramentos que se poida demostrar que son bíblicos e instruídos por Cristo: O bautismo e a cena do Señor.

O bautismo é considerado como a admisión solemne na igrexa visible de Cristo; selo é sinal do pacto de graza, da comuñón en Cristo, da rexeneración do fiel e da remisión dos pecados. Admítense tanto nenos pequenos como maiores, impártese unha soa vez e co mesmo ritual que na igrexa católica romana. Aínda así diferenzas importantes son que o bautismo, en xeral no protestantismo, non se considera que remita ou perdoe a culpa do pecado orixinal.

A Cena do Señor é considerada como a participación da igrexa no corpo de Cristo, e nin como un simple memorial nin tampouco como a comuñón do corpo físico de Cristo. Rexeitan así a presenza física de Xesús e só admiten unha presenza espiritual. Tamén rexeitan que no sacramento se produza unha renovación do sacrificio de Cristo que só aconteceu no momento histórico da crucifixión.

A IgrexaEditar

No calvinismo suprímese o episcopado e a sucesión apostólica, así como tamén o papado romano. Se reformula o presbiterio que se converte no órgano de goberno da igrexa nun consistorio ou reunión de ministros de cada igrexa. Os anciáns ou presbíteros pódense casar e teñen ó seu cargo a dirección espiritual, impartir os sacramentos e a predicación da palabra de Deus. O modelo eclesiástico calvinista e local e aínda que se forman igrexas nacionais estas non están dirixidas por ningún bispo ou arcebispo senón por un órgano colexiado de presbíteros (un sínodo) que representa as igrexas locais.

A repercusión de Calvino na igrexa protestanteEditar

O calvinismo constituirase no pensamento principal das igrexas reformadas de Suíza e Países Baixos, así como tamén nas presbiterianas de Escocia e Estados Unidos principalmente. A súa difusión por Francia nun primeiro momento exitosa (S.XVI) acabará por ser reprimida polo goberno e a igrexa católica romana e relegada a unhas poucas comunidades.

No que respecta a súa influencia no pensamento protestante de outras ramas do protestantismo esta será case total no puritanismo inglés e no congregacionalismo, así como de gran influencia no bautismo e outras igrexas de orixe anglosaxón. No anglicanismo tamén resultará decisiva na súa corrente máis reformadora, aínda que esta rama conservará unha igrexa episcopal, a sucesión apostólica e unha doutrina sacramental máis próxima ao catolicismo.

As obras de CalvinoEditar

 
Institutio christianae religionis, 1597

NotasEditar

  1. Nado como Jean Cauvin e que de acordo ao costume de latinizar os nomes foi coñecido como Ioannes Calvinus
  2. Institución de la Religión Cristiana (Obra en castelán)

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • JUAN CALVINO, Institución de la Religión Cristiana (2 vols.), Biblioteca Filológica Hispana, Visor Libros, Madrid 2003
  • CRISTINO GRACIANO, El Reformador Juan Calvino: Su vida y sus Obras.
  • JOAN GOMIS, Calvino, un vida por la Reforma. Ed Planeta 1993

Outros artigosEditar