Crucifixión
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2019.) |
A crucifixión é un método de execución, onde o condenado é atado ou cravado nunha cruz de madeira ou entre dúas árbores ou incluso nunha parede, deixándoo alí até a súa morte. Este xeito de execución foi moi empregado na Antiga Roma e en culturas veciñas do Mediterráneo. Tamén métodos semellantes foran inventados no Imperio Persa.
A crucifixión foi utilizada polos romanos até o ano 337, após a legalización do cristianismo no Imperio Romano no ano 313 grazas ao emperador Constantino I o Grande, pero antes da que se convertera na relixión oficial do imperio.
Moi raramente se empregaba por razóns simbólicas ou rituais fóra da cristiandade, e utilizouse en moitas ocasións para expor á vítima a unha morte particularmente lenta, horríbel (para disuadiren á xente de cometer crimes semellantes) e pública, utilizando todos os medios necesarios para a súa realización. Os métodos de crucifixión variaban considerabelmente segundo o lugar e o tempo no cal se efectuaban.
A maior crucifixión de que se ten noticia ocorreu no 71 a.C., no tempo de Pompeu, en Roma. Unha vez dominada a revolta de 200 mil escravos baixo o comando de Espartaco (a Terceira Guerra Servil ou guerra de Espartaco), as lexións romanas, como escarmento, nun só día crucificaron cerca de 6000 dos revolucionarios vencidos[Cómpre referencia].
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Crucifixión |