Cruz

figura xeométrica formada por dous trazos que se cruzan

Unha cruz (do latín crux) é unha figura xeométrica consistente en dúas liñas ou barras que se cruzan nun ángulo recto, de tal forma que unha delas (ou as dúas) queda dividida pola metade. É un dos símbolos máis antigos, e é un símbolo de moitas relixións.

Cruz grega, con tódolos brazos do mesmo tamaño
Cruz latina, co pé maior có resto dos brazos
Cruz de Lorena, con duplo traveseiro máis curto sobre o maior
Esvástica, cruz gamada cos brazos no sentido contrario ó das agullas do reloxo
Cruz visigótica de San Millán

Marcas e caracteres en forma de cruzEditar

TipoloxíasEditar

A cruz nas bandeirasEditar

Moitas bandeiras e escudos teñen cruces, como as dos países escandinavos (Dinamarca, Islandia, Finlandia, Noruega e Suecia), o Reino Unido e os estados, provincias, dependencias e territorios da Union Jack, e estados como Burundi, Dominica, Eslovaquia, Xeorxia, Grecia, Xamaica, Malta, República Dominicana, Suíza ou Tonga.

Tamén aparece nas bandeiras de Alabama, Florida, Ulster, Inglaterra, Escocia, Madeira, Illas Feroe, Illas Åland, Martinica, Sardeña, Aragón, País Vasco, Asturias, Occitania, Savoia, Quebec, Ámsterdam, Barcelona, Londres, Montreal, Saint-Malo ou Vitoria.

NotasEditar

  1. Wood Seymour, William. The Cross in Tradition, History and Art. Ed. G. P. Putnam's Sons. Nova York e Londres, 1898. Páxina 364 (en inglés)

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar