A flor de lis é unha flor de azucena estilizada que é empregada como un deseño decorativo ou como símbolo. Moitos dos santos cristiáns son representados a miúdo cunha azucena, sendo o máis destacado san Xosé. Como Francia foi orixinalmente unha nación católica, a flor de lis converteuse "ó mesmo tempo, nun obxecto relixioso, político, dinástico, artístico, emblemático e simbólico", especialmente na heráldica francesa.[1]

Flor de lis.

En heráldica é moi común e simboliza a pureza, polo que adoita representar a Nai de Deus. A lenda di que un anxo lle deu unha flor de azucena de ouro a Clodoveo I, monarca franco da dinastía merovinxia, que se convertera ó cristianismo. Séculos máis tarde, no século XII con Luís VI, a flor de lis é empregada como distintivo no escudo da casa real francesa. A flor de lis proveniente da casa real de Francia aparece no escudo de moitas cidades deste estado, na bandeira do Quebec e no escudo de España, entre outros. A flor de lis é tamén o emblema da cidade de Florencia.

Galería Editar

 
Escudo antigo dos reis de Francia.
Escudo antigo dos reis de Francia
 
Escudo do Reino de Francia (dende o século XIV).
Escudo do Reino de Francia (dende o século XIV). 
 
Escudo de Florencia
Escudo de Florencia 
 
Escudo de Gaià.
Escudo de Gaià
 
Escudo de Senan.
Escudo de Senan
 
Escudo de Montuïri.
Escudo de Montuïri

Notas Editar

  1. Michel Pastoureau, Heraldry: Its Origins and Meaning, Francisca Garvie trans. (Thames and Hudson 1997), ISBN 0-500-30074-7, p. 98.

Véxase tamén Editar