Cruz de Santiago

Emblema da Orde de Santiago

A Cruz de Santiago é unha cruz latina de goles que simula unha espada, cos brazos rematados en flor de lis e unha panela na empuñadura. Dise que a súa forma ten a súa orixe na época das cruzadas, cando os cabaleiros levaban pequenas cruces coa parte inferior afiada para cravalas no chan e realizar as súas devocións diarias..[1]

A Cruz de Santiago

As tres flores de lis representan a honra sen mancha, que fai referencia aos trazos morais do carácter do Apóstolo Santiago.[2]

A espada representa o carácter cabaleiresco do apóstolo Santiago e a súa forma de martirio, xa que foi decapitado cunha espada. Tamén pode simbolizar, en certo sentido, tomar a espada no nome de Cristo.

Orde de Santiago editar

Artigo principal: Orde de Santiago.

En particular, é o emblema dende o século XIII da Orde de Santiago, chamada así en referencia ao patrón de España, Santiago o Maior. O deseño desta cruz tamén se chama Cruz dos Cabaleiros de Santiago, xa que estes levaban a cruz estampada no estandarte e na súa capa branca. A cruz do estandarte tiña forma de cruz cunha vieira no centro e outra ao final de cada un dos brazos.

Nos escudos heráldicos de diversas poboacións pertencentes anteriormente a esta Orde Militar está representada esta cruz, como é o caso de Sarreaus, Coles, Vilar de Santos ou Laza, na provincia de Ourense, Folgoso do Courel, Palas de Rei ou Paradela, na provincia de Lugo; Boimorto, na provincia da Coruña; Quintanar de la Orden e Cabezamesada, na provincia de Toledo; Villamayor de Santiago, Horcajo de Santiago e Santa María de los Llanos na de Cuenca ou Campo de Criptana e Villanueva de los Infantes en Cidade Real, entre outros moitos casos.

Galería editar

Notas editar

  1. "Cross Fitchy" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2008. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  2. "El apóstol Santiago y el mundo hispano". www.filosofia.org (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar