Palas de Rei

concello da comarca da Ulloa, na provincia de Lugo

Coordenadas: 42°52′25″N 7°52′10″O / 42.873611111111, -7.8694444444444

Palas de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.601 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «palense».

Palas de Rei
Escudo de Palas de Rei
Situación
Xentilicio[1]palense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Ulloa
Poboación3.319 hab. (2022)[2][3]
Área199,7 km²[3]
Densidade16,62 hab./km²
Entidades de poboación43 parroquias[4]
Política (2023 [5])
AlcaldePablo José Taboada Camoira (PPdeG[6])
Concelleiros
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Palas de Rei
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes81,58%
Na rede
www.concellopalasderei.es
editar datos en Wikidata ]

Demografía Editar

Censo total 2014 3.601 habitantes
Menores de 15 anos 274 (7.6 %)
Entre 15 e 64 anos 1.944 (53.98 %)
Maiores de 65 anos 1.383 (38.40 %)

Toponimia Editar

O lugar aparece mencionado nun documento de 1153 como pallatium Regis[8][9] por ser Witiza, o rei visigodo que, segundo a tradición, mataría a Fáfila, duque de Galicia e pai de Don Pelaio,[10] nestas terras de Palas de Rei, onde, ao mesmo tempo, tería o seu pazo. Con todo, podería non derivar de pazo senón do topónimo Palas, referido a covas de lugares calcarios.[11] Son máis as voces que ven no Palas unha orixe non latina. Así,[12] Vázquez Rodríguez destaca que a orixe do termo podería estar nas palabras do galego común pala e, por tanto, preindoeuropea, mentres que Edelmiro Bascuas considera que o primeiro elemento podería ser un derivado da raíz indoeuropea *pel-, "encher, verter, fluír", polo que podería ser, na realidade, un Río de Rei.

Historia Editar

No concello consérvanse restos prehistóricos, como mámoas, dolmens e castros. Trala romanización, o lugar estaba atravesado por unha vía romana cara a Lugo. No século VI pertencía ao condado de Ulliensis.

Na Idade Media o camiño de Santiago trouxo, amais do estilo románico, a prosperidade á vila, que aparece citada no Códice Calixtino. Na parroquia de Vilar de Donas está a Igrexa románica de Vilar de Donas, de orixe monástica. A fundación do mosteiro atribúeo a tradición a unhas donas (representadas nas pinturas góticas da capela maior), co que se explicaría o topónimo. En realidade, o seu fundador foi Arias Pérez de Monterroso, a mediados do século XII.

Consérvanse restos de fortalezas, torres, castelos, pazos e casas brasonadas, como a casa-torre de Filgueira, a casa-torre de Fontecuberta; o Pazo de Laia (que conserva o escudo de armas dos condes de Traba, antecesores do fundador de Pambre), a casa de Ulloa (cos escudos dos Saavedra, Montenegro, Gaioso e Deza), o pazo Mariñao, a fortaleza do Castro de Seixas (en Merlán, de onde procede a liñaxe dos Vázquez de Seixas), o pazo de Pacheco e o castelo de Pambre, erguido por Gonzalo Ozores de Ulloa cara a 1375,unha das fortalezas mellor conservadas de Galicia, que resistiu a Gran Guerra Irmandiña en 1467.

Na segunda guerra carlista Palas de Rei foi un dos poucos concellos nos que triunfou a sublevación en 1846, constituíndose unha Xunta Revolucionaria.

O mesmo que noutros moitos lugares de Galicia, no 1936 en Palas tamén tiveron lugar asasinatos, como o de Camilo Díaz Baliño.[13]

Comunicacións Editar

A vila de Palas de Rei está atravesada pola vía francesa do Camiño de Santiago. Amais, atravésaa a estrada N-547, que comunica cara ao oeste con Santiago de Compostela, Melide e Arzúa, e cara ao leste coa estrada N-540, que leva cara a Lugo e Ourense.

Lugares de Palas de Rei Editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Palas de Rei vexa: Lugares de Palas de Rei.

Galería de imaxes Editar

 
San Xusto da Repostería.
 
Casa do concello.
Casa do concello. 

Parroquias Editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Palas de Rei

Albá (Santiago) | Ambreixo (San Vicenzo) | Augas Santas (San Xurxo) | Berbetouros (San Miguel) | Cabana (Santiago) | O Carballal (San Sebastián) | Carteire (Santa María) | Coence (San Mamede) | Covelo (San Xoán) | Cuíña (Santa María) | Curbián (San Martiño) | Felpós (San Tomé) | Ferreira de Negral (San Martiño) | Filgueira (San Tomé) | Fontecuberta (Santa Mariña) | Laia (San Xoán) | Lestedo (Santiago) | Maceda (San Miguel) | Marzá (Santa María) | O Mato (San Xoán) | Meixide (San Pedro) | Merlán (San Salvador) | Moredo (San Fiz) | Mosteiro de Devesa (Santiago) | Orosa (Santo André) | Palas de Rei (San Tirso) | Pambre (San Pedro) | Pidre (Santa María) | A Puxeda (Santa María) | Quindimil (San Miguel) | Ramil (San Martiño) | Remonde (San Miguel) | Ribeira (San Salvador) | Salaia (San Pedro) | San Breixo (Santa María) | San Cibrao da Repostería (San Cibrao) | San Mamede do Carballal (San Mamede) | San Miguel de Coence (San Miguel) | San Xiao do Camiño (San Xiao) | San Xusto da Repostería (San Xusto) | Ulloa (San Vicente) | Vilar de Donas (San Salvador) | Vilareda (San Pedro)

Notas Editar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Palas de Rei".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. González Garcés (1987), p. 462.
  9. Langtry Caínzos & Barajas Martínez (1996), pp. 187-195
  10. Risco, Vicente (1952). Historia de Galicia. Galaxia. p. 60. 
  11. Cabeza Quiles (1992), p. 328
  12. "Origen de Palas de Rei". Toponimia de Galicia. 
  13. Mogo, Arturo (10/02/2018). "Sargadelos, Isaac Díaz Pardo e seu pai Camilo Díaz Baliño". La Comarca del Eo (5109): 5. 

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Outros artigos Editar