Folgoso do Courel
Coordenadas: 42°35′20″N 7°11′43″O / 42.588888888889, -7.1952777777778
Folgoso do Courel é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga. Segundo o IGE en 2022 tiña 985 habitantes (1310 no 2006, 1346 no 2005, 1397 no 2004, 1448 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «courelao»[8][9].
Folgoso do Courel | |
---|---|
![]() Igrexa de Vilamor. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | courelao/courelá |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca de Quiroga |
Poboación | 985 hab. (2022)[2][3] |
Área | 192,8 km²[3] |
Densidade | 5,11 hab./km² |
Entidades de poboación | 9 parroquias[4] |
Capital do concello | Folgoso do Courel |
Política (2023 [5]) | |
Alcaldesa | Dolores Castro Ochoa (PPdeG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 1 Outros: IG-VIVO 2 |
Eleccións municipais en Folgoso do Courel | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 88,24% |
Na rede | |
http://www.folgosodocourel.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Poboación Editar
Poboación 985 (2022) | Total (Var. 2021) | % (Var.2021) |
---|---|---|
Menores de 16 | 48 (+2) | 4,87% (+0,22) |
16-64 | 513 (-10) | 52,08% (-0,8) |
Maiores de 64 | 424 (+4) | 43,04% (+0,56) |
A poboación do concello de Folgoso do Courel é eminentemente avellentada cunha idade media de 57,62 anos. Pola contra, a idade media minguou no último lustro en 0,54 anos e a poboación menor de 16 anos pasou de ter un mínimo de 31 censados no 2016 a 48 no 2022-

Evolución da poboación de Folgoso do Courel Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
6.413 | 5.785 | 5.479 | 2.191 | 1.397 | 1.233 | 1.211 | 1.160 | 1.136 | 1.106 | 1.089 | 1.060 | 1025 | 1.018 | 1.024 | 1.007 | 989 |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía Editar
A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo, que se estende tamén polos concellos de Quiroga e Pedrafita do Cebreiro. Ten uns 212 km², con fortes variacións de altitude, desde os 400 m no val do río Lor aos 1600 m en picos como Montouto, Formigueiros (1643 m) ou Pía Paxaro (1610 m). O río Lor e varios afluentes seus forman ricos vales con diversos ecosistemas, que fan desta serra a reserva botánica máis importante de Galiza.
Patrimonio natural Editar
Folgoso do Courel ten unhas paraxes naturais de alto valor no eido da espeleoloxía.
A sima de Aradelas está na localidade de Campelo (a 9 km de Seoane), e con 128 metros é a cova máis profunda de Galicia. A cova de Tralacosta ten salas subterráneas con estalactitas e estalagmitas. A cova da Ceza encóntrase en Noceda (a 8 km de Seoane) e ten uns 680 metros de lonxitude, con grandes salas comunicadas por pasos estreitos a través dos que flúe un rego procedente dunha lagoa de 25 metros de profundidade localizada ao final. A Buracada das Choias está en Visuña (a 15 km de Seoane), e ten un percorrido de 30 metros por unha única galería. A cova do Oso está en Moreda, aos pés duns resaltes rochosos. Ten interese arqueolóxico, pois nela atopáronse restos de cerámica. A cova de Teixeira, de gran profundidade, está no lugar da Poza.
Patrimonio arqueolóxico Editar
No concello hai diversos restos de poboados castrexos. No castro de Vilar destacan as súas murallas defensivas. Nel atopáronse restos de cerámica. O castro da Torre está próximo á localidade de Sobredo. O castro de Miraz ten unhas murallas de grande altura e no seu interior foron atopadas numerosas sepulturas. O castro de Torexe está en Visuña. No catastro de Ensenada dise que era onde se reunía a xustiza ordinaria da comarca.
Da época da romanización de Galicia consérvase unha Tabula Hospitalis, unha peza de bronce atopada no Carbedo cun texto en latín consistente nun pacto entre o seurro Tilego, fillo de Ambato, e os lougeis do castellum Toletensis con autorización das autoridades romanas.
Corporación Municipal Editar
Resultados das eleccións municipais no concello de Folgoso do Courel:
1983 | 1987 | 1991 | 1995 | 1999 | 2003 | 2007 | 2011 | 2015 | 2019 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
PPdeG | 1 (15,44%) | 5 (40.37%) | 6 (48.40%) | 5 (47.28%) | 4 (42.41%) | 3 (37.43%) | 4 (38.27%) | 5 (54.25%) | 5 (50.49%) | 5 (52.53%) |
PSdeG | 6 (50,63%) | 4 (35.34%) | 4 (38.59%) | 4 (45.04%) | 5 (51.88%) | 5 (49.29%) | 5 (51.68%) | 4 (37.82%) | 3 (35.89%) | 2 (25.93%) |
CG | 4 (33,93%) | |||||||||
IG-Courel Vivo | 1 (13.08%) | 2 (21.21%) | ||||||||
BNG | 0 (7.68%) | 0 (5.71%) | 1 (13.2%) | 0 (9.4%) | 0 (7.56%) | |||||
CPG/CNG | 2 (19.51%) | 1 (12.01%) |
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Folgoso do Courel.
-
Casa do concello
-
Placa altimétrica de Folgoso do Courel
-
Igrexa de San Pedro de Esperante
-
Interior dun antigo pombal construído na súa totalidade con pedra
Lugares de Folgoso do Courel Editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Folgoso do Courel vexa: Lugares de Folgoso do Courel.
Parroquias Editar
Notas Editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Folgoso do Courel".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para courelao.
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 48. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Folgoso do Courel |
Outros artigos Editar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |