Serra do Courel

A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo que se estende polos concellos de Folgoso do Courel e Quiroga.

Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós, no concello de Quiroga na serra do Courel.

TopónimoEditar

A etimoloxía é descoñecida aínda que semella ter unha orixe galaica. Algúns relaciónano co latín: quadru, quadra a partir do diminutivo quadrellu, quadrella que dá o portugués courelo: ‘nesga de terra de cultivo’. Mais está documentado o topónimo Courel dende o ano 1000. Por iso considérase que podería ser unha voz prerromana ligada á orografía.[1]

Localización e característicasEditar

Ten unha extensión de 21 020 ha con fortes variacións de altitude, que van dende os 400–500 m no val do río Lor a máis de 1600 m nos puntos máis altos como monte Montouto, monte Formigueiros (1643 m) ou o pico de Pía Paxaro (1610 m). O río Lor e os seus afluentes forman ricos vales con diversos ecosistemas que fan que esta serra sexa a reserva botánica máis importante de Galiza. A poboación da zona é escasa e está moi esparexida, de xeito que os núcleos de poboación son moi numerosos e pequenos.

Nunha sima desta serra atopáronse os restos humanos máis antigos que se conservan de Galiza (entre 8.000 e 10.000 anos) canda os únicos restos de uro (Bos primigenius) achados en todo o país[2].

Estas terras foron un gran referente nas obras de Uxío Novoneyra, poeta e escritor natural de Parada de Moreda.

"Terra de Caurel, aspra e forte, de inxente beleza... Terra brava de lobos e águias; terra outa de fragas e devesas." Á lus do candil, Ánxel Fole.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. Artigo sobre O Courel no Portal das Palabras da RAG.
  2. Descobren no Courel os restos humanos máis antigos de Galicia, La Voz de Galicia, 12 de marzo de 2010.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar