Río Lor
curso fluvial galego
O Lor é un río galego, afluente do Sil, situado na provincia de Lugo, e que discorre polas montañas do Courel.
Río Lor | |
---|---|
País | Galicia |
provincia | Lugo |
Nacemento | Fonlor (Pedrafita do Cebreiro) |
Lonxitude | 54 km |
Conca | 372 km² |
Desembocadura | Río Sil |
Cadea fluvial | Mor, Sil, Miño |
Características
editarTen 54 quilómetros de lonxitude, e a súa conca é de 372 km². Nace en Fonlor (Pedrafita do Cebreiro), percorre a serra do Courel de norte a sur, e finalmente dá as súas augas ao río Sil en Augas Mestas (Quiroga), unha aldea hoxe baixo as augas. Os seus afluentes máis importantes son os ríos Lóuzara e Pequeno.
O poeta courelao Uxío Novoneyra escribiu varios poemas tratando do río.
Fauna
editarNo río e na súa bacía podemos encontrar peixes (troitas ou anguías), anfibios (o tritón palmado, a ra ibérica) e réptiles (o lagarto verdinegro). O mamífero máis representativo é a lontra.
Véxase tamén
editar Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |