Pedrafita do Cebreiro
Coordenadas: 42°44′N 7°1′O / 42.733, -7.017
Pedrafita do Cebreiro (do latín petra ficta, 'pedra chantada' e cebro, 'asno montés')[8] é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 1.032 habitantes (563 homes e 469 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cebreirego».
Pedrafita do Cebreiro | |
---|---|
Casa do concello | |
Situación | |
Xentilicio[1] | cebreirego |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca dos Ancares |
Poboación | 936 hab. (2022)[2][3] |
Área | 104,9 km²[3] |
Densidade | 8,92 hab./km² |
Entidades de poboación | 12 parroquias[4] |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | José Luis Raposo Magdalena (PSdeG-PSOE [6]) |
Concelleiros | PPdeG: 1 PSdeG-PSOE: 8 |
Eleccións municipais en Pedrafita do Cebreiro | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 86,24% |
Na rede | |
www.pedrafitadocebreiro.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
Atópase na zona montañosa do leste da provincia de Lugo, no límite coa provincia de León, en plena serra dos Ancares. Cunha altitude de 1.098 metros na capital municipal, é o concello máis alto da provincia e tamén de toda Galicia. Os principais picos son O Faro (1.615 m), Muralla (1.480 m), Area (1.402 m) e Carballeda (1.392 m). No concello nacen os ríos Navia e Lor.
Limita ao norte con Cervantes e As Nogais, ao oeste con Triacastela e Samos, ao sur con Folgoso do Courel e ao leste cos concellos leoneses de Barxas e A Veiga de Valcarce.
DemografíaEditar
Censo total | 1.032 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 38 (3.68 %) |
Entre 15 e 64 anos | 557 (53.97 %) |
Maiores de 65 anos | 437 (42.34 %) |

Evolución da poboación de Pedrafita do Cebreiro Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
4.402 | 4.687 | 4.223 | 2.520 | 1.486 | 1.263 | 1.228 | 1.199 | 1.175 | 1.155 | 1.119 | 1.088 | 1070 | 1032 | 1001 | 969 | {{{17}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
CulturaEditar
ToponimiaEditar
Pedrafita do Cebreiro procede do latín petra ficta, 'pedra cravada, miliario ou monumento megalítico, consistente nunha gran pedra colocada verticalmente' e cebrarium, 'lugar onde hai moitos asnos bravos', tamén chamados onagros e 'cebros' < (e)quos feros + -arium (sufixo abundancial).[9].
PatrimonioEditar
Patrimonio arquitectónicoEditar
- A igrexa prerrománica de Santa María do Cebreiro, que formaba parte dun mosteiro medieval situado nun paso obrigado no camiño a Santiago.
- As pallozas típicas da serra dos Ancares.
O Cebreiro na literatura popularEditar
- Refraneiro
- Corren as nubes pra o Cebreiro, colle a capa e o sombreiro [10].
- Cantigueiro
- Ó pasar a Cruz de Ferro/ a Gudiña ben a sei/ i agora voume chegando/ aos aires de Monterrei [11].
- Os ollos que me a min queren/ nesta terra non están;/ pasaron a Cruz de Ferro/ e por Castilla andarán [12].
- Pasei pola Olivada,/ dei volta polo Cebreiro;/ as mociñas de Padroso/ todas andan ao carneiro [13].
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Pedrafita do Cebreiro.
ParroquiasEditar
LugaresEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pedrafita do Cebreiro vexa: Lugares de Pedrafita do Cebreiro.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Pedrafita do Cebreiro".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Pedrafita do Cebreiro". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Real Academia Galega (Antón Santamarina) (25/11/2021). O Seminario de Onomástica responde: Pedrafita do Cebreiro (Youtube).
- ↑ Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia. 2008, 703 páxs. ISBN 978-84-9865-892-1. Páxs. 326, 428, 492.
- ↑ Saudade. Verba Galega nas Américas 1942-1953. Ed. facsímile do Centro Ramón Piñeiro 2008, nº 3, maio 1943, 24-25.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 122. A cantiga recolle o sentir dun segador galego ó seu regreso de Castela, no momento de entrar en Galicia. Xaquín Lorenzo explica que non se trata da Cruz de Ferro situada en Foncebadón, entre Astorga e Ponferrada, senón da Cruz de Portela de Padornelo, en Pedrafita do Cebreiro, que é de pedra, a uns 37 km da Gudiña. Os labregos que ían á sega a Castela deixaban unha pedra ó pé desta cruz e, á volta, deixaban a fouce como exvoto na ermida da Nosa Señora das Angustias, que está ó seu carón.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 126.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 129. No orixinal: paséi. Xaquín Lorenzo non inclúe o lugar da Olivada no seu índice toponímico, e tampouco aparece no Nomenclátor; Padroso é lugar da parroquia de Rioseco, no concello de Calvos de Randín.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedrafita do Cebreiro |
Outros artigosEditar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |