O tritón palmado[2] (Lissotriton helveticus) é unha especie de anfibio caudado pertencente á familia Salamandridae.

Tritón palmado
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Urodela
Familia: Salamandridae
Xénero: Lissotriton
Especie: L. helveticus
Nome binomial
'Lissotriton helveticus'
Razoumowsky, 1789

Subespecies

L. helveticus helveticus
L. helveticus punctillatus
L. helveticus alonsoi

Sinonimia

Triturus helveticus

Atópase ao longo da Europa occidental e do norte, en lagoas, lagos, canais, forestas, terreos de pasto e agrícolas e ás veces en áreas costeiras.

O seu período de reprodución comeza en febreiro ou abril. Postos os ovos (entre 100 e 300) na auga, as larvas (cágados) eclosionan en dúas ou tres semanas, rematando o seu desenvolvemento polo verán na auga. As larvas sofren unha metamorfose entre as sexta e a novena semana. As larvas tórnanse sexualmente maduras durante o segundo ano. Os adultos hibernan na terra, baixo os troncos ou pedras, entre os meses de novembro e marzo, raramente o fan dentro da auga.

Os machos adquiren membranas interdixitais nos membros posteriores durante a época de reprodución.

Os tritóns poden chegar a vivir entre 10 e 15 anos.

É bastante abondoso en Galicia, agás na parte oriental da provincia de Ourense.

Os principais riscos que sofre esta especie son a transformación do medio no que vive, o desecamento das zonas húmidas, a contaminación do seu medio, os lumes forestais e a introdución de especie foráneas no seu hábitat natural.

Distribución das subespecies

editar
  1. Arntzen, J.W., Beebee, T., Jehle, R., Denoël, M., Schmidt, B., Bosch, J., Miaud, C., Tejedo, M., Lizana, M., Martínez-Solano, I., Salvador, A., García-París, M. & Gil, E.R. 2004. Lissotriton helveticus. In: IUCN 2007. 2007 IUCN Red List of Threatened Species. <www.iucnredlist.org>. Consultado o 13 de setembro de 2008.
  2. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega.