Salamándridos

(Redirección desde «Salamandridae»)
Salamándridos
Salamandridae

Salamandra salamandra
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Amphibia
Subclase: Lissamphibia
Orde: Caudata
Suborde: Salamandroidea
Familia: Salamandridae
Goldfuss, 1820
Subfamilias e Xéneros
  • Véxase o texto

A dos salamándridos[1] (Salamandridae) é unha famila de anfibios caudados coñecidos cos nomes vulgares de salamántigas[2] ou píntegas,[3] e de tritóns.[4]

A diferenza entre estes termos é vaga, pero podémolos distinguir pola cantidade de tempo que os animais pasan na auga: mentres que as salamántigas son máis terrestes, os tritóns pasan na auga cerca de 2 ou 3 meses por ano.

A familia comprende máis de 400 especies.[5]

Distribución editar

Os salamándridos distribúense por todo o hemisferio norte, principalmente en Europa e Asia, aínda que a distribución de Salamandra e Pleurodeles alcanza tamén a África do Norte, e os xéneros Notophthalmus e Taricha son endémicos de Norteamérica.[6][7][8]

Características editar

 
Salamandra salamandra avisa da súa toxicidade polas súas cores.

De tamaño de mediano a pequeno (Salamandra e Pleurodeles chegan a medir máis de 200 mm), estes urodelos, terrestres ou acuáticos,[6] presentan catro extremidades con cinco dedos nas posteriores e catro nas anteriores, e unha cola que está presente en cada unha das etapas do seu desenvolvemento. Polo xeral, exhiben patróns cromáticos na pel bastante rechamantes, como medio de disuasión ante potenciais depredadores.[7]

Moitos salamándridos desenvolven aletas no dorso do corpo e na cola cando regresan a unha etapa acuática, aletas que están presentes todo o tempo nos tritóns adultos.[6]

Outros caracteres morfolóxicos deste grupo son:

  • os dentes vomerianos exténdense posteriormente nos bordos laterais do vómer,
  • o arco frontal-escamoso está presente,
  • as súas vértebras son anficélicas.[6]

Nestas vértebras os dous extremos son cóncavos, e son eficientes para a natación, xa que confiren flexibilidade ao esqueleto axial. A maioría dos peixes teleósteos adoitan presentalas, e tamén os tetrápodos acuáticos.[9]

Bioloxía editar

A maioría das especies producen secrecións tóxicas na pel.[6]

Os pulmóns están presentes nos individuos xuvenís e nos adultos.[6]

Os salamándridos reprodúcense mediante fecundación interna, na que os machos depositan un espermatóforo na cloaca da femia, despois de efectuaren unha danza de cortexo.[6]

Taxonomía editar

Descrición editar

A familia foi descrita en 1820 polo naturalista alemán Georg August Goldfuss, na súa obra:

Goldfuss, G. A. (1820): Handbuch der Zoologie. Zweite Abtheilung. Nürnburg: Johann Leonhard Schrag.

Etimoloxía editar

O nome científico Salamandridae está formado, como é obvio, pola raíz do nome do seu xénero tipo, Salamandra, engadíndolle a desinencia do latín científico ´-idea, plural neutro de ´-ideus, derivada do grego antigo εἴδος eídos, "aspecto", "aparencia", "forma", empregada para formar os nomes das familias de animais.

Clasificación editar

Segundo Amphibian Species of the World, a familia divídese nas subfamilias e xéneros que se indican:[10]

 
Chioglossa lusitanica.
 
Larva de Lissotriton helveticus.
 
Triturus boscai, xuvenil.

Familia Salamandridae Goldfuss, 1820

Controversias taxonómicas editar

A familia dos salamándridos foi obxecto de numeosas reorganizacións sistemáticas e de nomenclatura, especialmente grazas aos avances da filoxenia. Unha presentación, que segue a ser válida actualmente permite dividila en dous grandes grupos: as "salamántigas verdadeiras" (incluíndo os xéneros Chioglossa, Helverseni, Mertensiella e Salamandra) e os "tritóns" (que comprende os xéneros restantes).[12][13][14] Os estudos da filoxenia da familia confirman a orixe monofilética destes grupos, polo que poderían considerarese como subfamilias.[13]

O xénero Salamandrina non pertence nin ao grupo das salamántigas verdadeiras, nin ao dos tritóns, mencionados anteriormente. O xénero constitúe unha liña afastada destes dous grupos (ver o cladograma mái abaixo),[12] e por iso algúns autores consideran que forma unha subfamilia distinta.[12] Varios xéneros ou especies dos salamándridos están sendo debatidos no seo da comunidade científica. Por exemplo, o xénero Triturus, agrupando dentro dos tritóns strictu senso, agora considérase polifilético e está en vías de reorganización.[15][16], ou a especie Salamandra salamandra, que nalgúns taxons previamente a consideraban como unha subespecie, foi elevada ao rango de especie completa.

Estudos recentes permitiron precisar a filoxenia de certos xéneros de salamándridos, o que conduciu a algúns cambios taxonómicos. O xénero Mertensiella, considerado monotípico como Mertensiella luschani, denomínase agora Lyciasalamandra luschani. Tamén o xénero Triturus está en cuerso de reorganización, recentes estudos filoxenéticos puxeron en cuestión a monofilia deste taxon.[12][14][17]

Filoxenia editar

As relacións filoxenéticas dos salamándridos móstranse neste cladograma, baseado en Dubois & Raffaelli (2009) e Zhang et al. (2008).[18][19]

Salamandridae

Salamandrina

Salamandrinae

Mertensiella

Chioglossa

Lyciasalamandra

Salamandra

Pleurodelinae

Pleurodeles

Echinotriton

Tylototriton

Notophthalmus

Taricha

Euproctus

Ichthyosaura

Lissotriton

Calotriton

Triturus

Ommatotriton

Neurergus

Cynops

Hypselotriton

Paramesotriton

Pachytriton

Laotriton

En Galicia editar

Notas editar

  1. salamándridos no dicionario da RAG.
  2. salamántiga no dicionario da RAG.
  3. píntega no diconario da RAG.
  4. tritón 1º artigo, 2ª acep., no dicionario da RAG:
  5. Salamandridae na EOL.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Salamandridae en AmphibianWeb.
  7. 7,0 7,1 Duellman, W. E. & Trueb, L. (1994): Biology of Amphibians. Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-4780-6.
  8. Frost, Darrel R. (2008): Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 5.2 (15 July, 2008). Electronic Database. Accesíbel en American Museum of Natural History, New York, USA.
  9. "Vértebras". Ulnae Bones (en castelán). 2016-02-17. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-29. 
  10. Salamandridae en Amphibian Species of the World.
  11. Non aceptada por todos os autores, os que que inclúen o seu único xénero na subfamilia dos salamandrinos.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Weisrock, Papenfuss, Macey, Litvinchuk, Polymeni, Ugurtas, Zhao, Jowkar & Larson (2006): "A molecular assessment of phylogenetic relationships and lineage accumulation rates within the family Salamandridae (Amphibia, Caudata)". Molecular Phylogenetics and Evolution, 41: 368-383.
  13. 13,0 13,1 Larson, Wake & Devitt (2007): Salamandridae. Newts and "True Salamanders". Versión 24 de xaneiro de 2007 (en construción) Arquivado 06 de agosto de 2017 en Wayback Machine. en The Tree of Life Web Project.
  14. 14,0 14,1 Titus & Larson (1995): "A molecular phylogenetic perspective on the evolutionary radiation of the salamander family Salamandridae". Systematic Biology, 44: 125–151.
  15. García-París, Montori & Herrero (2004): "Amphibia: Lissamphibia". Fauna Ibérica, 24. Madrid: Museo Nacional de Ciencias Naturales e Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
  16. Litvinchuk, Zuiderwijk, Borkin & Rosanov (2005): "Taxonomic status of Triturus vittatus (Amphibia: Salamandridae) in western Turkey: drunkenness vertebrae counts, genome size and allozyme data". Amphibia Reptilia, 26 (3): 305-323.
  17. Steinfartz, Sebastian; Vicario, Saverio; Arntzen, J.W.; Caccone, Adalgisa (2007-03-15). "A Bayesian approach on molecules and behavior: reconsidering phylogenetic and evolutionary patterns of the Salamandridae with emphasis onTriturus newts". Journal of Experimental Zoology Part B: Molecular and Developmental Evolution (en inglés) 308B (2): 139–162. doi:10.1002/jez.b.21119. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2019. 
  18. Dubois, A. & Raffaelli, J. (2009): "A new ergotaxonomy of the family Salamandridae Goldfuss, 1820 (Amphibia, Urodela)". Alytes, 6: 1-85.
  19. Zhang, P.; Papenfuss, Theodore J.; Wake, Marvalee H.; Qu, Lianghu; Wake, David B. (2008). "Phylogeny and biogeography of the family Salamandridae (Amphibia: Caudata) inferred from complete mitochondrial genomes"". Molecular Phylogenetics and Evolution (en inglés) 49: 586–597. ISSN 1055-7903. PMID 18801447. doi:10.1016/j.ympev.2008.08.020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar