Ichthyosaura alpestris

(Redirección desde «Ichthyosaura»)

Ichthyosaura alpestris é unha especie de anfibio urodelo, un tritón. Anteriormente chamábase Triturus alpestris. É a única especie viva do xénero Ichthyousaura.

Ichthyosaura alpestris
Rango fósil: Mioceno tardío - Actualidade

Macho
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Urodela
Familia: Salamandridae
Xénero: Ichthyosaura
Latreille, 1801
Especie: Ichthyosaura alpestris
(Laurenti, 1768)

Sinonimia

Descrición editar

 
Macho na súa fase acuática

Os maiores machos poden chegar aos 9 cm de lonxitude, e as femias os 12 cm. Durante a estación de apareamento a inicios do ano, os machos mostran unha coloración azul escura no dorso; os flancos teñen bandas de manchas brancas e negras e debaixo destas unha banda azul celeste e o ventre é de cor laranxa viva. As femias, en camuflaxe acuático, teñen pintas marróns e unhas poucas manchas no dorso. Despois da estación de apareamento, volven a ter a súa coloración orixinal de manchas marróns.

Vida e hábitat editar

Habitan normalmente en bosques con bo acceso á auga en rexións con montañas ou cuíñas. Xeralmente están ausentes das áreas pouco forestadas. Son numerosos en bosques de folla caduca espesos, e tamén en parques e xardíns naturais. Fóra da estación de desova, fan unha vida terrestre. Durante o día permanecen agochados no sotobosque. Despois de que os adultos saen da dormancia invernal, migran ás súas pozas de desova (do bosque ou artificiais) e viven durante a estación de apareamento en auga fría.

Distribución editar

A especie estaba confinada orixinalmente en Europa central e zonas montañosas do sur de Europa,[2] e había poboacións illadas no norte da Península Ibérica e en Italia.[1] A especie foi introducida no Reino Unido na década de 1930, inicialmente no sur de Inglaterra e desde entón conseguiron establecerse varias poboación máis ao norte, chegando ata Edimburgo.[3] Foi tamén introducido na Serra de Guadarrama en Madrid.[1]

Taxonomía editar

 
Femia

Esta especie estaba antes situada no xénero Triturus, pero García-París et al.[4] dividiu o xénero Triturus, situando esta especie no seu propio xénero Mesotriton. Posteriormente, Mesotriton considerouse un sinónimo júnior de Ichthyosaura.[5] Recoñécense dez subespecies deste tritón (algunhas soamente con formas neoténicas):

  • I. a. alpestris (Laurenti, 1768)
  • I. a. apuanus (Gray, 1850) de Italia
  • I. a. cyreni (Mertens & Muller, 1940) de España
  • I. a. inexpectatus (Dubois & Breuil, 1983) de Calabria
  • I. a. lacusnigri (Dely, 1960) da zona da antiga Iugoslavia
  • I. a. montenegrinus (Radovanovic, 1951) de Montenegro
  • I. a. piperianus (Radovanovic, 1961)
  • I. a. reiseri (Schreiber, 1912) de Bosnia
  • I. a. serdarus (Radovanovic, 1961)
  • I. a. veluchiensis (Wolterstorff, 1935) de Grecia.

I. alpestris é a única especie viva do xénero Ichthyosaura, aínda que existiu ademais unha especie hoxe extinguida chamada I. randeckensis.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Jan Willem Arntzen; Mathieu Denoël; Sergius Kuzmin; et al. (2009). "Ichthyosaura alpestris (Alpine Newt)". The IUCN Red List of Endangered Species. International Union for Conservation of Nature and Natural Resources. Consultado o 27 de febreiro de 2017. 
  2. "Alpine Newt". Froglife. Consultado o 27 de febreiro de 2017. 
  3. "Alpine newt". Lothian Amphibian and Reptile Group. Consultado o 27 de febreiro de 2017. 
  4. García-París, M., A. Montori, and P. Herrero. 2004. Amphibia: Lissamphibia. Fauna Iberica Vol. 24. Madrid: Museo Nacional de Ciencias Naturales e Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
  5. Josef F. Schmidtler. 2007. Die Wurzeln einer bayrischen Herpetofaunistik im 18. und beginnenden 19. Jahrhundert. Zeitschrift f. Feldherpetologie 14: 93–119. Laurenti, Bielefeld. (PDF on line, en alemán; ver páxina 105)
  6. Schoch, R. R.; Rasser, M. W. (2013). "A new salamandrid from the Miocene Randeck Maar, Germany". Journal of Vertebrate Paleontology 33: 58. doi:10.1080/02724634.2012.716113. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar