Pierre André Latreille

Sacerdote católico e entomólogo francés

Pierre André Latreille, nado en Brive-la-Gaillarde (no Lemosín, hoxe no departamento de Corrèze) o 20 de novembro de 1762 e finado en París o 6 de febreiro de 1833, foi un sacerdote católico e un notábel entomólogo francés.

Modelo:BiografíaPierre André Latreille

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Pierre-André Latreille Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1762 Editar o valor en Wikidata
Brive-la-Gaillarde, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte6 de febreiro de 1833 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoença da bexiga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrave of Pierre-André Latreille (en) Traducir
Cemiterio do Père-Lachaise, 39 48°51′35″N 2°23′48″L / 48.859591, 2.396571 Editar o valor en Wikidata
ResidenciaFrancia Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Ciencias de París
collège du Cardinal-Lemoine (en) Traducir
Museo Nacional de Historia Natural de Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEntomoloxía Editar o valor en Wikidata
OcupaciónDiácono (1786–), lepidopterólogo, profesor universitario, escritor, carcinólogo, entomólogo, aracnólogo, zoólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorÉcole nationale vétérinaire d'Alfort (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaLatreille Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisJean-Baptiste Joseph de Sahuguet d'Amarzit d'Espagnac Editar o valor en Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Latrielle, Pierre André Editar o valor en Wikidata
Casa natal de Latreille en Brive.

Moitos dos taxons hoxe en uso manteñen o nome que el lles deu nos seus traballos de descrición de insectos.

Traxectoria

editar

Fillo ilexítimo do barón d'Espagnac (gobernador dos Inválidos en 1766), foi abandonado ao nacer pola súa nai, e criado no seo dunha familia humilde. Fixo os seus estudos en París no Colexio do cardeal Lemoine, onde entrou en 1778. Ordenado como diácono en 1786, e despois como presbítero, regresou a Brive, onde se dedicou, coa axuda financeira do seu pai biolóxico, ao estudo dos insectos.

En 1788 regresou a París e foi un activo membro da comunidade científica. A súa Mémoire sur les mutilles découvertes en Francia fixo que o admitiran como membro correspondente da Sociedade de Historia Natural.

Como sacerdote con inclinacións conservadoras, a Revolución francesa fixo que pasara un momento incómodo: tivo que deixar París e foi levado preso a Bordeos. En 1796 publicou Précis des caractères génériques des insectes, disposés dans un ordre naturel en Brive.

Despois de abandonar o sacerdocio, en 1798 ordenou a colección entomolóxica do Museo Nacional de Historia Natural de Francia, de París, recentemente organizado, onde sucedeu a Lamarck como profesor. En 1814 foi nomeado membro da Academia das Ciencias ocupando a cadeira vacante tras a morte de Guillaume-Antoine Olivier.

En 1821 foi nomeado cabaleiro da Lexión de Honor.

En 1825 publicou Familles naturelles du règne animal, onde separou os anfibios dos réptiles, seguindo os traballos de Alexandre Brongniart.

Foi profesor de zooloxía na Escola de Veterinaria de Maisons-Alfort, cerca de París. Á morte de Lamarck (1830), a cadeira de zooloxía dos invertebrados, do Museo, divídese para crear dúas novas; Latreille obtén a dos crustáceos, arácnidos e insectos, e Henri Marie Ducrotay de Blainville a dos moluscos, vermes e zoófitos.

En 1832 Latreille participou na fundación da Société entomologique de France, da que foi o seu primeiro presidente de honor (a primeira presidencia efectiva foi de Audinet-Serville).

A súa obra marcou unha etapa importante na taxonomía dos artrópodos, para os que fundou unha clasificación aínda moi utilizada a día de hoxe. Johan Christian Fabricius alcumouno como o Príncipe da entomoloxía.

Latreille morreu en París o 6 de febreiro de 1833 e está soterrado no cemiterio do Père-Lachaise.

Algunhas obras

editar
  • Précis des caracteres generiques des insectes, disposes dans un ordre naturel. - Paris -Brive, Prevot - F. Boudreaux XII, 3 201 [7] (1796).
  • Histoire naturelle générale et particulière des crustacés et insectes (14 vols., 1802-1805), que forman parte da edición de C. N. S. Sonnini de Buffon.
  • Genera crustaceorum et insectorum, secundum ordinem naturalem ut familias disposita (4 vols., 1806, 1807, 1807, 1809).
  • Considérations sur l'ordre naturel des animaux composant les classes des crustacés, des arachnides, et des insectes (1810).
  • Les crustacés, les arachnides, les insectes: 1-653 In: Cuvier G. Le règne animal distribue d'apres son organisation, pour servir de base à l'histoire naturelle des animaux et d'introduction a l'anatomie. París, Deterville.
  • Annales du Musseum [Cit. ex: William Kirby] (1833): Einleitung in der Entomologie, oder Elemente der Naturgeschichte der Insecten., Bd.4: 481] (1821).
  • Familles naturelles du règne animal, exposés succinctement et dans un ordre analytique (1825).
  • Cours d'entomologie (do que só apareceu o primeiro volume, 1831). Texto en Bodiversity Heritage Library.
  • A totalidade da sección Crustacés, Arachnides, Insectes, en Règne animal de Georges Cuvier.
  • Numerosos artigos en Annales du Museum, Encyclopedie méthodique, Dictionnaire classique d'histoire naturelle e outros.

Epónimos

editar

O xénero do cangrexo Latreillia leva este nome na súa honra.

Abreviatura

editar

A abreviatura Latreille emprégase para indicar a Pierre André Latreille como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.