Guillaume-Antoine Olivier
Guillaume-Antoine Olivier, nado o 19 de xaneiro de 1756 en Les Arcs, preto de Toulon (Provenza), e finado o 1 de outubro de 1814 en Lión, foi un médico e naturalista francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1756 Les Arcs, preto de Toulon (Provenza) |
Morte | 1 de outubro de 1814 Lión |
País de nacionalidade | francesa |
Formación profesional | Medicina |
Educación | Universidade de Montpellier |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioloxía, naturalista, entomoloxía e botánica |
Ocupación | médico, naturalista, entomólogo, enciclopedista |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Olivier |
Descrito pola fonte | New Encyclopedic Dictionary (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, |
Traxectoria
editarOlivier estudou medicina na Facultade de Medicina de Montpellier. Descubriu a historia natural a través do contacto con Pierre Marie Auguste Broussonet. Practicou a medicina na súa vila natal, pero creeu que este traballo non era interesante e non se pagaba ben. Jean-Baptiste Gigot D'Orcy, posuidor dunha rica colección mineralóxica e entomolóxica, contratouno para ir recoller insectos aos Países Baixos, Gran Bretaña e outros países.
Foi este traballo o que lle permitiu escribir os artigos sobre insectos e arañas da Encyclopédie e, máis tarde, o seu gran traballo sobre os escaravellos (Entomologie ou Histoire naturelle des insectes, avec leurs caractères génériques et spécifiques, leur description, leur synonymie et leur figure enluminée, 1789-1808, 6 volumes, 363 láminas).
En 1792 marchou co seu colega Jean-Guillaume Bruguière para unha gran viaxe de seis anos ao Oriente Medio visitando o Imperio Otomán, Persia e Exipto. Reuniu unha colección considerábel e regresou a Francia en 1798.
As súas coleccións reunidas nesta viaxe consérvase no Museo Nacional de Historia Natural de Francia de París (agás unha pequena parte, que está no Museo de Edimburgo). Publicou en 1807 o relato da súa viaxe baixo o título de Voyage dans l'Empire Ottoman, l'Égypte et la Perse (París, 3 volumes).
Foi elixido membro da Academia de Ciencias de París o 5 de germinal do ano VIII (26 de marzo de 1800) e pouco despois foi profesor de zooloxía na Escola de Veterinaria de Maisons-Alfort.
Olivier foi amigo de Johan Christian Fabricius, así como o patrón e protector de Pierre André Latreille, especialmente durante o atormentado período da Revolución Francesa.
Describiu numerosas especies, entre elas Xylocopa frontalis, Epicharis rustica, Centris dimidiata, Anthophora femorata, Oplostomus fuligineus, Trigona amalthea e Polistes versicolor.
Algunhas obras
editar- 1789. Abeille, na Encyclopédie méthodique. Histoire naturelle. Tome quatrieme. Insectes. Volume 4
- 1790. Encyclopedie methodique. Historie naturelle. Insectes Volume 5.
- 1792. Encyclopedie methodique. Histoire naturelle. Insectes Voume. 5.
- 1792. Encyclopedie methodique. Histoire naturelle. Insects. Volume 6.
- 1801-1807. Voyage dans l'empire Othoman, l'Égypte et la Perse, 1801–1807. Volume 1, Volume 2, Volume 3.
- 1811. Latreille, P. A. e M. Olivier (ed.): Encyclopédie Méthodique. Histoire Naturelle. Insectes Volume 8.
Abreviaturas
editar- A abreviatura Olivier emprégase para recolecer a Guillaume-Antoine Olivier como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[1]
- A abreviatura Olivier emprégase para recolecer a Guillaume-Antoine Olivier como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guillaume-Antoine Olivier |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Guillaume-Antoine Olivier |
Bibliografía
editar- Augustin-François de Silvestre: Notice biographique sur M. Guillaume-Antoine Olivier lue à la séance publique de la Société d'agriculture, le 9 avril 1815. (Ler en liña).
Ligazóns externas
editar- Lista completa das publiucacións deste autor Arquivado 26 de xullo de 2021 en Wayback Machine.