Museo Nacional de Historia Natural de Francia

O Museo Nacional de Historia Natural de Francia (en francés: Muséum national d'Histoire naturelle) é unha institución pública de investigación científica francesa.

O Museo Nacional de Historia Natural de Francia: Gran Galería da Evolución no Jardin des Plantes de París.

Depende do Ministerio de Educación Xeral, o Ministerio de Educación Superior e o Ministerio de Medio Ambiente.

As súas funcións principais son a conservación das coleccións científicas, a investigación científica, a formación superior e a difusión da cultura científica nas especialidades propias da institución: a Historia natural.

A súa Galería da evolución é unha das salas de exposicións máis visitadas de París.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.