Presbítero
Os presbíteros[1] (do grego πρεσβύτερος, presbytero, «Lisandro» vía latín) segundo o Antigo Testamento, eran líderes que formaban un consello pero non eran sacerdotes.
Nas primeiras partes do Novo Testamento usábase como sinónimo de ἐπίσκοπος epískopos (bispo), que significa en grego 'vixiante'. Máis tarde, coa morte dos apóstolos, foise distinguindo o papel de epískopos da de presbýteros.
Na Igrexa católica son os coñecidos comunmente como sacerdotes ou "curas". A súa función é celebrar a Eucaristía e administrar os demais Sacramentos, salvo a confirmación e a ordenación sacerdotal, reservados ao bispo. O presbiterado é o ministerio que desempeñan os membros da Xerarquía na Pastoral: párrocos, vigairos e capeláns.
No caso da Igrexa ortodoxa os presbíteros poden administrar seis dos sete sacramentos, sendo a excepción o sacramento da Orde sacerdotal, reservado aos bispos.
Noutras igrexas do ámbito protestante denomínase presbítero ou ancián a diversos oficiantes non sacerdotes.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para presbítero.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Presbítero |