Novo Testamento

libros que compoñen a segunda parte da Biblia e relatan a vida de Xesús

Novo Testamento (do grego: Διαθήκη Καινή, Diathéke Kainé) é o nome dado á colección de libros que compoñen a segunda parte da Biblia ou libro sagrado do cristianismo. Esta parte corresponde aos Evanxeos canónicos, segundo a tradición escritos por Mateu, Marcos, Lucas e Xoán, que relatan a vida de Xesús, xunto con diversos libros que describen os primeiros tempos do cristianismo e unha Apocalipse, a de Xoán.

Exemplar de 1629 do Novo Testamento traducido ao malaio

O termo é unha tradución do latín, Novum Testamentum, á súa vez tradución do grego Ἡ Καινὴ Διαθήκη, Hê Kainê Diathêkê, significando "A Nova Alianza" ou Testamento. Foi orixinalmente usado polos primeiros cristiáns para describir as súas relacións con Deus (ver II Corintios 3:6-15; Hebreos 9:15-20) e posteriormente para designar o canon de escritos cristiáns, estabelecido progresivamente.

Os 27 libros do Novo Testamento foron escritos por varios autores en varias épocas e lugares. Ao contrario do Vello Testamento, o Novo foi escrito nun curto espazo de tempo, durante un século ou un pouco máis.

Libros do Novo Testamento editar

Evanxeos de:

 
Miniatura dos catro evanxelistas do libro Waldburg-Gebetbuch (último cuarto do século XV)

Cartas Paulinas:

Cartas Católicas:

Véxase tamén editar

Outros artigos editar