Epístolas de Xoán

As epístolas de Xoán son un conxunto de tres libros do Novo Testamento que se cre que foron escritos entre os anos 85 e 100.[1] Tradicionalmente considérase como o seu autor a Xoán o Evanxelista.

Primeira Epístola de Xoán editar

Artigo principal: Primeira Epístola de Xoán.
 
Primeira Epístola.

Esta epístola, a diferenza das outras dúas, é máis un sermón para axudar a fortalecer a fe do pobo en Xesús, para axudar a entender por que un ser tan grande como o fillo de Deus tería unha vida terreal e a morte agónica dun mortal.[2]

Segunda Epístola de Xoán editar

Artigo principal: Segunda Epístola de Xoán.

Esta epístola é unha breve carta do Apóstolo a unha anónima «señora elixida» a quen ama e aos seus fillos.[3] Na carta de Xoán, el advirte sobre abrir a casa aos falsos mestres e conmina a practicar sempre a verdade evitando o segredo.

Terceira Epístola de Xoán editar

Artigo principal: Terceira Epístola de Xoán.

A terceira epístola, tamén unha carta breve, diríxese a un home chamado Gaio e menciónao como «un querido amigo». Fala dun home chamado Diótrefes a quen Gaio excomungou da igrexa, quen suscitara un sentimento anti-misioneiro, tratando de conseguir que a igrexa evitase recibir aos misioneiros. Crese que a carta foi entregada por un terceiro personaxe, Demetrio.

Notas editar

  1. Tenney, Merrill. "THE EPISTLES OF JOHN". www.abideinchrist.com. 
  2. "THE EPISTLES OF JOHN". www.earlychristianwritings.com. 
  3. Missler, Chuck. "A Timely Study The Epistles of John". khouse.org.