As cartas paulinas son unha división dos libros do Novo Testamento. As cartas paulinas abranguen todas as cartas que, ao longo da súa predicación, Paulo de Tarso lles foi enviando a distintas comunidades cristiás.

Autor e datas de composición editar

 
Paulo entregándolle unha carta ao mensaxeiro, con Deus mirando arriba. Ilustración dunha inicial nun manuscrito de 1280-1290.

O autor deste grupo de escritos é o apóstolo Paulo de Tarso, aínda que algúns expertos consideran que nalgunhas cartas como Colosenses ou as chamadas cartas pastorais, puido haber un traballo posterior de edición ou refundición. Foron compostas nun prazo de tempo que vai desde o ano 37, data da I Carta aos Tesalonicenses, ata os anos sesenta, xa na catividade en Roma.

As cartas editar

Tal como as atopamos hoxe nas versións modernas da Biblia, as cartas ordénanse por tamaño, da máis longa á máis breve:

Cartas pastorais editar

As cartas a Timoteo e a Tito, adoitan agruparse nunha categoría específica dentro do corpus paulino que se coñece como Cartas pastorais. Debe o nome ao seu contido, centrado na organización da Igrexa, deixando de lado cuestións teolóxicas propias das outras cartas.