Antigo Testamento

(Redirección desde «Vello Testamento»)
Biblia hebrea ou
Antigo Testamento
para máis detalles vexa Canon bíblico
Os xudeus, protestantes, católicos, e ortodoxos:

Estes cinco primeiros libros son os que forman a Torah (para os xudeus) ou Pentateuco para os cristiáns.

Os católicos e os ortodoxos inclúennos, mais os xudeus e os protestantes exclúen:
Os ortodoxos (Sínodo de Xerusalén) inclúen:
Os ortodoxos rusos e etíopes inclúen:
A Biblia ortodoxa etíope inclúe:
A Biblia siríaca (peshitta) inclúe:

O Antigo Testamento ou as Escrituras Hebreas (tamén chamadas a Biblia Hebrea) é a primeira parte da Biblia cristiá, que explica a historia desde a creación da Terra ata última profecía da vida do mesías, realizada 400 anos antes da era cristiá. Os xudeus, porén, utilizan o nome Tanakh para referírense ao Antigo Testamento, e aínda que contén os mesmos libros que o Antigo Testamento canónico cristián, non coincide na orde nin no nome destes.

A designación "Antigo Testamento" provén do grego ῾Η Παλαιά Διαθήκη, he Palaiá Diathéke, que significa "antigo pacto", en referencia ao antigo pacto de Deus coa humanidade (principalmente co pobo elixido de Israel) por medio do que viría o mesías a salvalos.

Canon do Antigo Testamento editar

O Antigo Testamento, na versión cristiá, está formado por 39 libros (que coinciden cos 24 libros do Tanakh xudeu), os cales foron aceptados polas autoridades da igrexa o século IV. Estes libros constitúen o canon das escrituras do Antigo Testamento, e por iso, son chamados libros canónicos. Estes son os libros categorizados de acordo aos estudos teolóxicos cristiáns: (Para ver as categorizacións usadas polo xudaísmo, ver o artigo do Tanakh).

Pentateuco editar

O Pentateuco ou a Torá son os cinco primeiros libros do Antigo Testamento, escritos por Moisés:

Libros históricos editar

Libros sapienciais editar

Libros proféticos editar

Libros dos profetas maiores editar

Libros dos profetas menores editar

Libros deuterocanónicos editar

Ao longo da Idade Media, a Igrexa católica e a Igrexa ortodoxa aceptaron de facto diversos libros máis. No século XVI, os protestantes opúñanse a aceptaren a autoridade divina destes libros durante a Reforma, e non os incluíron nas traducións da Biblia ás linguas do pobo. A Igrexa católica declarou, entón, a autoridade e a inspiración divina destes libros e incorporounos ao canon. Por iso, chámanse libros deuterocanónicos, que en grego quere dicir "segundo canon". Os anglicanos tamén os utilizan. Estes libros son:

Libros perdidos editar

Hai libros mencionados no Antigo Testamento como parte da Biblia pero que non se conservan (ou ben son falsos, hai disputa sobre eles). Estes son:

  • Libro de Xasher.
  • Libro das Guerras.
  • Libro de Shemaiah.
  • Actos de Salomón.
  • Libro de Nathan
  • Anais do Rei David
  • Actos de Samuel
  • Libro de Gad
  • Profecía de Ahijah
  • Profecía de Iddo
  • Libro de Xehu
  • Actos de Azariá
  • Queixumes de Xosía
  • Crónicas do rei Ahasuerus

Linguas e traducións editar

O xudaísmo utiliza a Tanakh tamén chamada Biblia Hebrea, que equivale ao Antigo Testamento e non recoñece os libros do Novo Testamento. A Tanakh está escrita case toda en hebreo, aínda que hai pequenas porcións en arameo.

A versión utilizada polos primeiros cristiáns foi a [[Septuaginta]|Versión dos Setenta]] (Septuaginta), unha tradución grega que os xudeus da Dispersión utilizaban habitualmente naquela época.

O Antigo Testamento cristián é bastante parecido á Tanakh hebrea, con algunhas diferenzas de contido:

Historia editar

A Igrexa cristiá primitiva utilizou a Septuaginta, a versión grega máis antiga da Biblia, como mínimo, ata mediados de do século IV. Ata ese momento o grego foi un dos principais idiomas do Imperio Romano e a lingua da Igrexa a excepción do siríaco utilizado pola comunidade siria na Peshitta e a Igrexa etíope, que utilizou a lingua ge'ez). Ademais, os Pais da Igrexa tenden a aceptaren a Filón de Alexandría en lugar da Septuaginta.

Cando San Xerome fixo a súa revisión da Vetus Latina arredor do ano 400, comparou a Septuaginta co texto hebreo. E chegou á conclusión de que o texto hebreo era un mellor testemuño de Cristo que a Septuaginta. do prólogo a Xénese Arquivado 05 de xuño de 2013 en Wayback Machine. El rompeu coa tradición da igrexa e traduciu o Antigo Testamento da súa Vulgata do hebreo en vez do grego. A súa elección foi duramente criticada por Agostiño de Hipona, contemporáneo seu, e outros que consideraban a Xerome como un falsario. Pero co paso do tempo, a aceptación da versión de Xerome vai aumentado gradualmente nas igrexas do oeste ata que desprazou á Vetus Latina da Septuaginta.[1]

O texto hebreo difire nalgunhas pasaxes, pero os cristiáns prefiren a Septuaginta porque profetiza mellor a Cristo. As Igrexas Ortodoxas Orientais utilizan a Septuaginta como base para a tradución do Antigo Testamento a outros idiomas. A Igrexa Ortodoxa de Constantinopla, a Igrexa de Grecia e a Igrexa Ortodoxa chipriota continúana utilizando hoxe na súa liturxia.

Os Manuscritos do mar Morto, en particular os escritos en arameo, correspóndense máis fielmente coa Septuaginta que co texto hebreo.

Véxase tamén editar

Notas editar

  1. Ernst Würthwein,O texto do Antigo Testamento,transeuropeas. Errol F. [Rhodes], Grand [Rapids], Michigan: [Eerdmans], 1995.