O Libro de Xonás é un breve libro da Biblia que relata as andanzas e predicacións de Xonás, encargado por Iavé de chamar á conversión aos habitantes de Nínive. O ton anecdótico e case humorístico do libro garda unha mensaxe universalista e unha imaxe dun Iavé clemente, que o converten en case unha excepción no conxunto da Biblia.

Ilustración de Xonás e a balea no Hortus Delicarum (século XII)

Contido editar

O libro céntrase na relación entre Xonás, o profeta, e o seu deus, Iavé. Este chama a Xonás para que predique a conversión aos habitantes de Nínive, capital do Imperio Asirio. Xonás resístese e intenta fuxir, pero Deus, por medios milagreiros, obrígao a cumprir coa súa misión.

O libro remata co perdón a Nínive e co enfado de Xonás por ser Deus demasiado misericordioso.

Autor editar

A tradición atribúe este libro a Xonás, profeta xudeu do tempo do rei Xeroboam II, cando a cidade de Nínive estaba no cume do seu poder.

Aínda así, a linguaxe e o contido universalista do libro fan pensar nun autor moi posterior, que fixo protagonista a Xonás dunha narración que pouco tiña que ver coa personaxe histórica.

 
Folio 305r da Biblia Kennicott, elaborada na Coruña en 1476.

Xénero literario editar

Colocado entre os profetas menores, os estudosos actuais tenden a consideralo un libro de xénero didáctico, un pequeno relato cunha ensinanza moral que habería que considerar como un máis dos libros sapienciais:

  • O libro enteiro está ocupado pola narración das andanzas de Xonás. A predicación limítase a unha frase: "Dentro de corenta días, Nínive será destruída".
  • O ton popular, anecdótico e cheo de humor do libro miran cara a unha narración que se contaba de pais a fillos, non ao discurso dun predicador ou a unha reflexión teolóxica recollida por escrito.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar