Mesías
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde setembro de 2017) |
Mesías (en hebreo: משיח) é unha palabra hebrea, que significa unxido, o seu equivalente en grego é Christos.
XudaísmoEditar
A unción estaba tradicionalmente referida á función real e sacerdotal, puña de manifesto a elección divina para unha misión, especialmente a de guiar ao pobo xudeu, defendelo e, se fose o caso, liberalo da opresión de reinos e imperios estranxeiros (Asiria, Babilonia).
Aparece en diversos textos do Antigo Testamento atribuída á dinastía do rei David. Os profetas Isaías, Xeremías, Ezequiel e Zacarías falan del como promesa de liberación que inauguraría unha era de xustiza e paz. Aparece tamén nos manuscritos do Mar Morto ou do Qumram que falan dun mesías sacerdotal e dun mesías real, na oración xudía Shemoné Esré e no libro dos Salmos. Fora prometido por Deus para destruír aos inimigos de Israel.
Xudas o Galileo foi visto como un mesías. Os disturbios tras a morte de Herodes amosan que a idea de realeza estaba moi arraigada nos xudeus. Flavio Xosefo narra o levantamento xudeu contra Roma no ano 62 como froito dun oráculo mesiánico. Finalmente a rebelión do ano 132 foi dirixida por Bar Kochba que foi visto como unha figura mesiánica. O feito de que os cristiáns visen a Xesús de Nazaret como o mesías prometido demostra que era unha figura estendida nas crenzas das masas iletradas.
Boa parte dos seguidores da relixión xudía aínda agardan a súa chegada.
CristianismoEditar
Paulo de Tarso unirá o nome de Christos ao de Xesús, e espallará o cumprimento da promesa non só a Israel senón tamén a todos os pobos. Os Evanxeos afirman que Xosé de Nazaret é descendente de David para poder invocar a Xesús como Fillo de David. Xesús foi condenado e crucificado como suposto Rei mesiánico, aínda que existen dúbidas entre os especialistas de que el se proclamase abertamente como tal. De feito, se ten estudado o denominado secreto mesiánico, derivado das prohibicións de Xesús que aparecen nos Evanxeos a que se proclame a súa mesianidade.
No rito do bautismo as igrexas cristiás manteñen o acto da unción.
NotasEditar
- Neusner, Judaism and Their Messiahs
- Hengel, Jesus the Messiah of Israel
- Wrede, Messianic Secret