Flavio Xosefo
Flavio Xosefo, nado en Xerusalén no ano 37 e finado en Roma no ano 100, foi un historiador xudeu. Os seus relatos son unha importante referencia histórica da Palestina do século I.
Flavio Xosefo | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | יוסף בן מתתיהו |
Nacemento | 37 e 38 |
Xerusalén | |
Falecemento | 100 |
Roma | |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Etnia | Pobo xudeu |
Ocupación | escritor e historiador |
Pai | Matias (Pai de Flávio Josefo) |
Fillos | Flavius Hyrcanus, Flavius Simonides Agrippa e Flavius Justus |
Irmáns | Matthias |
Coñecido por | A Guerra dos Judeus, Antiguidades Judaicas, Vida de Flávio Josefo e Contra Ápion |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
TraxectoriaEditar
Pertencente a unha familia sacerdotal de Xudea, a súa nai estaba vinculada aos Asmoneos. Recibiu unha educación esmerada e axiña interesouse nos movementos relixiosas da época[1]. Durante o goberno de Nerón foi enviado a unha embaixada onde conseguiu a amnistía para varias autoridades xudías acusadas dunha serie de irregularidades. Para iso valeuse do apoio de Atilirio, persoa próxima a Nerón e á emperatriz Popea[1]. No regreso a Xudea atopouse cunha insurrección popular, e foi nomeado gobernador de Galilea polo Sanedrín. Loitou contra os exércitos romanos de Vespasiano. Feito prisioneiro, acadou o favor dos emperadores Vespasiano e Tito e fíxose cidadán romano sen renegar do xudaísmo, mais asentándose en Roma de xeito definitivo[1]. Tomou o nome de Flavio por ser este o da familia imperial que o protexeu.
ObrasEditar
Escribiu más de vinte libros de gran interese histórico. Porén Flavio Xosefo é máis coñecido por facer a referencia escrita a Xesús de Nazaret máis antiga[1]. Concretamente trátanse de dous parágrafos dentro do volume As Antigüidades xudías. O primeiro deles é coñecido coma o Testimonium Flavianum, texto de autoría controvertida[1]. Algúns estudosos defenden a súa autenticidade, outras defenden que foi un texto manipulado ou engadido polos copistas cristiáns da obra de Flavio Xosefo, aproveitándose do seu prestixio. O segundo texto, contido no capítulo 20 da citada obra, relata a morte de Santiago, facendo alusións a Xesús. Hai consenso en considerar este segundo texto veraz e auténtico[1].
Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos etc. contidos neste artigo deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
- Historia da Guerra Xudía
- As Antigüidades xudías
- Contra Apión
- Vida de Flavio Xosefo
NotasEditar
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |